Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Modelos de negocio para economías rurais modernas - RUR-09-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Contribuír á modernización e ao crecemento sustentable das economías rurais.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Mellorar as ferramentas para o emprendemento en áreas rurais, en particular aquelas cun ambiente propicio e outros casos de negocios preexistentes (clústers ou plataformas, servizos técnicos ou científicos, infraestrutura, servizos de asesoría, oportunidades de financiamento...).

  • Mellorar o coñecemento dos modelos de negocio emerxentes en áreas rurais, especialmente do seu potencial para o desenvolvemento, rendemento e interese en termos sociais, medio ambientais e económicos, así como factores de éxito e razóns de fracaso.


A longo prazo, espérase que as accións:
  • Aumenten o potencial para a diversificación da economía rural, valor engadido e creación de emprego nunha ampla variedade de áreas rurais grazas á difusión de casos de negocio prometedores.

  • Fagan as sociedades e as economías rurais máis resilientes aos cambios globais.

  • Melloren a oferta de servizos de ecosistema como consecuencia de formas innovadoras de valorización.

Eidos de actuación

As propostas deberán construír sobre os resultados de proxectos europeos anteriores en materia de desenvolvemento económico rural e emprego rural e identificar modelos de negocio innovadores que se estean a desenvolver en áreas rurais, que teñan un potencia significativo para crear valor engadido, cohesión social e emprego, e que sexa posible replicalos ou escalalos noutras áreas, tendo sempre en conta a diversidade de condicións en áreas diferentes.
As propostas deberán realizar análises socioeconómicas para identificar, describir e comparar diferentes modelos de negocio en termos de condicións de inicio, obstáculos afrontados, factores de apoio, mecanismos de financiamento, xeración de valor engadido, emprego e outros beneficios potenciais en materia social e de medio ambiente, xénero, atracción a traballadores novos...
Deberá prestarse especial atención aos modelos que fomentan una mobilización sustentable dos recursos, que melloran a cooperación entre operadores ao longo da cadea de valor e/ou a en diversos sectores tradicionais e en desenvolvemento (por exemplo, clústers ou plataformas) e que leven a produtos e servizos novos, mellora da reciclaxe...
As propostas deberán ter cabida no concepto de “enfoque multi-actor” vinculando a actores relevantes como empresarios, organizacións de desenvolvemento económico ou de negocio, servizos de apoio á innovación, etc.

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Polo menos tres entidades legales independientes entre sí e que teñan base en tres Estados diferentes.

Financiamento

Ata o 100% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

9 millóns de euros.

Data de publicación

04/10/2016

Data límite de solicitude

13/09/2017

Documentación

Comentarios

Establécense dúas datas límite: a primeira o 14 de febreiro de 2017.
A segunda, o 13 de setembro de 2017 ás 17.00 h (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante