Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Redes temáticas que compilen coñecemento listo para levar á práctica - RUR-10-2016-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Contribuír ao despregamento exitoso da vasta reserva de coñecemento científico e práctico existente en temas escollidos, así como mellorar o intercambio de coñecemento entre científicos e profesionais das prácticas agriculturais e silviculturais.

Obxectivo específico da convocatoria

Espérase que as accións teñan o seguinte impacto:

  • Recompilación e abastecemento, a través dos canles existentes de difusión máis empregados polos profesionais, de coñecemento accesible e orientado á practica en temas escollidos, para que o material (incluíndo material de formación e con propósitos formativos) estea sempre dispoñible a longo prazo, máis aló do período de duración do proxecto.

  • Aumentar a aceptación dos usuarios respecto das solucións recompiladas e aumentar a difusión aos usuarios finais.

  • Aumentar o fluxo de información práctica entre areas xeográficas en Europa afectadas polos mesmos temas (tendo en conta sempre as diferenzas entre territorios).

  • Apoiar a execución da Asociación Europea de Innovación (EIP polas súas siglas en inglés) “Agricultura Produtiva e Sustentable” a través da interacción cos Grupos Operativos e, en particular, a través do envío un número substancial de sínteses da práctica no formato común EIP-AGRI, incluíndo material audiovisual sempre que sexa posible.

Eidos de actuación

As actividades das redes temáticas deberán incluír resumir, compartir e presentar, nunha linguaxe que sexa comprensible polos profesionais da agricultura e da silvicultura, as boas prácticas existentes e os resultados da investigación que estean preto de pórse en práctica, pero que non sexan suficientemente coñecidos polos profesionais.
Para iso, as redes deberán involucrar a un amplo rango de actores que cubran tanto a parte científica como a agricultural e a silvicultural en temas escollidos (científicos, granxeiros, grupos de granxeiros, servizos de asesoría...). Tamén os Grupos Operativos da EIP e os grupos de innovación interactivos que operan no contexto da EIP-AGRI, empresas ou actores da cadea de subministración deberán estar involucrados se iso é relevante para o tema co que se traballa.
Os temas específicos das redes, que poderán ser elixidos polo mecanismo do “bottom-up”, deberán contribuír a unha agricultura e unha silvicultura máis competitiva e sustentable. Deberán centrarse nas necesidades máis urxentes dos sectores de produción agriculturais e silviculturais, ou en temas intersectoriais importantes ou prometedores, incluíndo os casos nos que a produción primaria necesita mellorar as súas conexións coa cadea de subministración.

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Non son necesarios.

Financiamento

Ata o 100% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

10 millóns de euros.

Data de publicación

27/10/2016

Data límite de solicitude

17/02/2017

Documentación

Procuras de Socios

Spa4Health, Innovación sanitaria nas rexións con termas/Francia

O obxectivo do proxecto, vinculado ás Estratexias de Especialización Intelixentes, é facilitar o intercambio de boas prácticas entre as autoridades rexionais (encargadas da xestión dos programas xerais (principalmente FEDER), as universidades e os socios de innovación para desenvolver métodos de apoio á transferencia de coñecementos e fortalecer as oportunidades de innovación aberta entre os socios de para a innovación no campo da saúde preventiva e o termalismo.

Do patrimonio cultural a un centro de innovación/ Barcelona (España)

O Concello de Bergueda está a buscar socios tanto do sector privado como do sector público que poidan ter un patrimonio industrial similar e apuntar a revalorizar o seu antigo distrito industrial baseado na tripla hélice: innovación, emprendemento e cultura.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante