Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Beneficios de traballar con outros: promover o capital social no sector das granxas- RUR-15-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Investigar e atopar formas de superar as limitacións e desincentivos que impiden o desenvolvemento de enfoques novos en diferentes áreas de acción colectiva (produtividade, compartir información, sustentabilidade).

Obxectivo específico da convocatoria

Espérase que os proxectos:

  • Melloren a comprensión das actitudes dos granxeiros cara a cooperación e a construción de redes.

  • Acheguen recomendacións para que as autoridades que elaboran as políticas promovan o capital social no sector das granxas

  • Conduzan a maiores niveis de organización nas granxas no medio e longo prazo.

Eidos de actuación

As propostas deberán cubrir principalmente a Estados membros da UE onde o nivel de organización das granxas e os administradores das terras considérese baixo. As actividades deberán ir dirixidas a identificar as limitacións no desenvolvemento de cooperativas ou actividades de construción de redes en áreas particulares (actividade económica, sustentabilidade ambiental, etc) e achegar solucións baseadas en casos de estudo, identificar boas prácticas, talleres de participación, etc. As propostas deberán atoparse baixo o enfoque de multi-actor.

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Non se precisan

Financiamento

Ata o 100% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

3 millóns de euros

Data de publicación

04/10/2016

Data límite de solicitude

14/02/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante