Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Construción de redes de granxas europeas para impulsar o intercambio de coñecemento específico e pechar a brecha de innovación - RUR-12-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta acción debería iniciar actividades de construción de redes (“networking”) estruturadas entre granxas de mostra nun rango de temas moi amplo con vistas a mellorar a innovación en toda Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

Espérase que estas accións contribúan a:

  • un aumento do fluxo de información práctica en temas específicos entre áreas xeográficas relevantes en Europa, explotando as posibles complementariedades entre proxectos e redes existentes.

  • unha serie de actividades de difusión de coñecemento temático innovador, nas que Grupos Operativos baixo desenvolvemento rural e a rede europea EIP-AGRI poidan contribuír.

  • apoiar a implementación da rede EIP-AGRI a través dunha organización estruturada do fluxo de información en temas específicos entre áreas xeográficamente relevantes resultando un aumento da construción de redes e da aprendizaxe entre granxas abertas e granxeiros en Europa.

  • aumentar a aprendizaxe granxeiro-a-granxeiro e visibilizar as demostracións nas granxas en temas específicos, axudando así a difundir boas prácticas prometedoras e garantir unha absorción a tempo dos resultados das investigacións por parte da comunidade de granxeiros, así como impulsar proxectos e enfoques innovadores e interactivos.

  • unha maior aceptación por parte do usuario da información compartida, contribuíndo a unha agricultura e unha silvicultura sustentable, competitiva e climáticamente intelixente.

  • Eidos de actuación

    • Os proxectos deben construír actividades en rede entre granxas de mostra geo-referenciadas que afrontan temas específicos en toda Europa, coa finalidade de explotar o seu potencial para mellorar o fluxo de coñecemento orientado á práctica e impulsar actividades interactivas.

    • Deberán, así mesmo, abranguer un amplo rango de temas que serán elixidos conforme a ónde se espera que haxa maior valor engadido na UE, e deberán contribuír a unha agricultura e silvicultura máis resiliente e sustentable.

    • Os temas cubrirán tanto enfoques sectoriais (por exemplo, de cultivos específicos ou gando) como multidisciplinares, como é o caso dos sistemas de cultivo, xestión do solo, nutrientes, auga, biodiversidade, paisaxe, cadeas de subministración, eficiencia dos recursos, agro-ecoloxía, desafíos medioambientais e climáticos, xestión de pestes, benestar animal, sistemas de gando bioseguros, resilientes e efectivos, cultivos resilientes, produción e xestión de enerxía, aplicacións da biomasa... Polo menos 10 temas deberán cubrirse no proxecto.

    • Os proxectos deberán organizar actividades de intercambio de coñecemento e ofrecer conexións e estruturar a produción de granxas de mostra que atraian ao granxeiro medio e poidan ser compartidas en toda Europa (por exemplo, visitas ás granxas, material visual como fotos ou vídeo, textos sinxelos...).

    • Tódalas actividades proxectadas deberán garantir a sinerxía coa rede EIP-AGRI.

    • Ademais, as propostas deberán situarse baixo o concepto de “enfoque multi-actor”, de xeito que involucre a un amplo abanico de actores con experiencia práctica, como granxeiros ou grupos de granxeiros, asesores, servizos de apoio á innovación, investigadores, grupos operativos, redes nacionais ou internacionais, empresas ou outros actores da cadea de subministración cando sexa relevante.

    • Destinatarios

      • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

      • Organizacións internacionais de interese europeo.

      • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

      • Socios

        Non son necesarios.

        Financiamento

        Ata o 100% dos custes elixibles.

        Orzamento total da convocatoria

        7 millóns de euros.

        Duración do proxecto

        As redes deberán durar máis de catro anos.

        Data de publicación

        04/10/2016

        Data límite de solicitude

        14/02/2017

        Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante