Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Políticas públicas novedosas, modelos de negocio e mecanismos para a aplicación sustentable e os pagos dos servizos do ecosistema forestal - RUR-05-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Desenvolver políticas públicas novedosas, modelos de negocio e mecanismos para “internalizar” o valor socioeconómico probado dos servizos dos ecosistemas forestais (“externalidades”) e contribuír ao seu suministro sustentable, coa consideración axeitada que se lle debe dar ao rol multifuncional dos bosques europeos.

Eidos de actuación

As propostas deberán:

  • considerar a dimensión holística (económica, sociocultural, de recreo e medioambiental) dos servizos, tanto desde o punto de vista da oferta como desde a demanda, así como todos os puntos medios entre ambas.

  • reducir a brecha entre o traballo académico, as recomendacións políticas e a práctica in situ, así como axudar a acadar aceptación pública.

  • enfatizar o rol da xestión forestal activa, que provoca menos beneficios e/ou maior investimento.

  • desenvolver mecanismos para o pago destes servizos do ecosistema a un nivel axeitado de xestión e administración forestal.

  • incluír contribucións das ciencias sociais e das humanidades, baixo o concepto de “enfoque multi-actor”, así como procurar o compromiso público en relación aos grupos de stakeholders incluídos no consorcio e os modelos de negocio ou mecanismos propostos.

  • demostrar cómo lograr fomentar a coordinación no “policy making” e o desenvolvemento de políticas novas e procesos de negocio, de xeito que se traduza nun aumento dos incentivos para os propietarios ou administradores dos bosques para ofrecer de forma sustentable os servizos esenciais do ecosistema (captura e almacenamento de gases de efecto invernadoiro, conservación da biodiversidade, regulación da auga, regulación do solo e os nutrientes, paisaxe e ocio) ao mesmo tempo que manteñen a produción de produtos forestais madereiros ou non madereiros.


Anímase aos participantes a realizar proxectos piloto de proba dos mecanismos propostos, que combinen ferramentas de política pública con modelos de negocio.

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Requírense, polo menos, tres entidades legais independentes unas doutras que participen no proxecto e que cada unha delas estea nun Estado diferente (dentro dos elixibles)

Financiamento

Ata o 70% dos custes elixibles, salvo no caso de entidades legais sen ánimo de lucro, que o financiamento pode chegar ao 100%.

Orzamento total da convocatoria

8 millóns de euros

Data de publicación

04/10/2016

Data límite de solicitude

14/02/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante