Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Tecnoloxías de Futuro e Emerxentes (FET): ERANET Cofund - FETPROACT-02-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Mellorar a construción dunha Área de Investigación Europea no eido FET, compartindo a visión común dos esforzos de Europa neste eido e fomentando a cooperación cara un desenvolvemento coordinado destas tecnoloxías.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar a consolidación de temas de investigación novos e a estruturación das comunidades correspondentes no eido FET, en complementariedade e sinerxía coas acción FET directamente financiadas pola Comisión, ao mesmo tempo que se promoven as sinerxías e os intercambios entre as comunidades e temas apoiados.

Eidos de actuación

As propostas deberán coordinar os programas nacionais e rexionais para a investigación no eido FET executando unha convocatoria de propostas conxunta e transnacional (resultando así en subvencións para terceiras partes) co cofinanciamento da UE. Anímase aos solicitantes a executar outras actividades relacionadas coa coordinación dos programas de innovación e investigación públicos, como redes transnacionais, reunións e actividades de transferencia de tecnoloxía, así como outras convocatorias conxuntas sen o financiamento da UE. Estas actividades deberán cubrir en particular as seguintes áreas:

  • Compartir información respecto de programas de investigación existentes, axendas de investigación estratéxica e follas de ruta tecnolóxicas, entre as organizacións de investigación financiadas e os demais participantes relevantes.

  • Identificar conxuntamente temas emerxentes onde a cooperación transnacional e o apoio á estruturación da comunidade é máis necesaria, complementariamente aos programas FET.

  • Desenvolver axendas estratéxicas para estes temas e acompañar a estruturación das comunidades relacionadas a través de obradoiros e apoio a actividades transversais.

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Requírense, polo menos, tres entidades legais independentes unas doutras que participen no proxecto e que cada unha delas estea nun Estado diferente (dentro dos elixibles)
Ademais, estas entidades legais deben ser propietarias ou xestoras de programas de investigación e innovación.

Financiamento

Ata o 33% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

5 millóns de euros

Duración do proxecto

Ata 5 anos

Data de publicación

20/09/2016

Data límite de solicitude

24/01/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante