Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Tecnoloxías de Futuro e Emerxentes (FET): Accións abertas de Coordinación e Apoio - FETOPEN-03-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Converter Europa no mellor lugar do mundo para a innovación e a investigación colaborativa en tecnoloxías emerxentes e do futuro que renovarán as bases do crecemento e a competitividade europeas do futuro, e que marcará unha diferenza para a sociedade durante décadas.

Eidos de actuación

As propostas deberán conter polo menos un dos seguintes temas:

  • FET Futures [2017] : identificar opcións estratéxicas, desafíos e oportunidades para estimular e organizar a innovación e investigación interdisciplinaria cara a tecnoloxías visionarias e novas de todo tipo. As accións deberán depender das probas de actividades FET (carteira, participantes, resultados...) e doutras fontes (incluíndo outras entidades financiadoras ou iniciativas privadas en todo o mundo, como as que usan as modalidades de premios ou retos). Procurarán dinamizar e abrir a participación dos stakeholders empregando métodos creativos e ferramentas on-line ou redes sociais. Este grupo de accións deberá incluír procedementos de compromiso público tal e como consta no Programa de Traballo FET.

  • FET Exchange [2017] : accións para a estruturación e o reforzamento dun eido FET relevante de innovación e investigación en ciencia e tecnoloxía e das comunidades interdisciplinarias involucradas. Estas poderán incluír, por exemplo, follas de ruta para a investigación, estimulación (formal e informal) da aprendizaxe e o intercambio, expansión do rango de disciplinas (incluíndo ciencias da vida e humanidades cando sexa relevante), involucrar a novos actores como mozos e mozas investigadores, empresarios, PYMEs de alta tecnoloxía e ampliar o compromiso dos stakeholders (multi-actores o cidadáns).

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo.

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Financiamento

Ata o 100% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

1.5 millóns de euros

Data de publicación

20/09/2016

Data límite de solicitude

17/01/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante