Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premio da UE para Mulleres innovadoras 2017 – WIP-01-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Impulsar o coñecemento público do potencial, a importancia e a contribución das mulleres investigadoras no eido empresarial e fomentar ás mulleres empresarias a ser innovadoras. Isto servirá para alcanzar os obxectivos da Estratexia Europa 2020.

Eidos de actuación

A Comisión entregará ata tres “Premios da UE para mulleres innovadoras” (EU Prize for woman innovators) e un “Premio á Pioneira Emerxente” (Rising Innovator Award) tras un concurso a nivel europeo.

Destinatarios

As participantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser mulleres. No caso do Premio Pioneira, nada despois de 1986.

  • Residente habitual nun Estado membro da Unión ou nun Estado asociado a Horizonte 2020.

  • Fundadora ou cofundadora dunha empresa activa rexistrada antes do 1 de xaneiro de 2015.

  • O volume de ventas anual debe ser, polo menos, 0.10 millóns en 2014 ou 2015.

  • Nin a candidata nin a súa empresa poden ter recibido financiamento europeo ou nacional para investigación e innovación, financiamento bancario ou outras formas de financiamento como accións en bolsa, capital de risco, crowdfunding ou business angels.

Financiamento

  • O primeiro premio serán 100.000 euros
  • O segundo premio serán 50.000 euros
  • O terceiro premio serán 30.000 euros
  • O Premio Pioneira Emerxente serán 20.000 euros

Orzamento total da convocatoria

200.000 euros

Data de publicación

13/09/2016

Data límite de solicitude

03/11/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante