Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda ERC para probas de concepto - ERC-2017-POC

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

É frecuente que a investigación avanzada xere novas ou inesperadas oportunidades para a súa aplicación comercial ou social. As Axudas do ERC para probas de concepto buscan maximizar o valor da investigación de primeiro nivel financiada polo ERC a través do financiamento de traballos máis avanzados (actividades cuxo financiamento non estivera previsto na axuda orixinal do ERC, por exemplo) para verificar o potencial de innovación das ideas que xorden dos proxectos financiados polo ERC. Así, estas axudas só poderán ser outorgadas a Investigadores Principais con propostas que deriven substancialmente dunha investigación xa financiada polo ERC.

Eidos de actuación

As axudas para probas de concepto concederanse en relación cun proxecto preexistente financiado polo ERC. As actividades que se poden financiar deberanse derivar substancialmente desta investigación previa. Porén, o financiamento adicional non está previsto para ampliar a investigación orixinal, senón que cubrirá actividades levadas a cabo nos primeiros estadios da aplicación dos resultados da investigación a unha proposta con valor comercial ou social, por exemplo os pasos previos a o desenvolvemento precompetitivo.

Destinatarios

Tódolos Investigadores Principais dun proxecto de investigación avanzada do ERC, xa estea ese proxecto desenvolvéndose ou teña rematado nos 12 meses anteriores ao 1 de xaneiro de 2017 serán elixibles para participar nesta convocatoria.
Os solicitantes deberán demostrar a relación entre a idea que queren aplicar na proba de concepto e o proxecto de investigación orixinal, calquera que sexa a modalidade da axuda recibida (starting, consolidator, advanced ou synergy).


Doutra banda, a institución de acollida deberá comprometerse co Investigador Principal polo menos durante o tempo que dure o proxecto da proba de concepto, ademais de que é necesario que se atope nun Estado membro ou nun Estado Asociado constituída legalmente segundo o Dereito nacional.

Financiamento

Reembolsarase ata o 100% dos custes elixibles cun máximo de 150.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

20 millóns de euros

Duración do proxecto

Normalmente os proxectos deberán completarse nun prazo de 12 meses, pero para permitir o desenvolvemento dos proxectos que requiren máis preparación, firmaranse os convenios por 18 meses.

Data de publicación

05/10/2016

Data límite de solicitude

05/09/2017

Documentación

Comentarios

Datas límite de solicitud:
19 xaneiro 2017 17:00:00
25 abril 2017 17:00:00
05 setembro 2017 17:00:00

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante