Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Starting Grant – ERC-2017-STG

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Avanzar e expandir as fronteiras do coñecemento e establecer obxectivos claros e inspiradores para a investigación en toda Europa.

Eidos de actuación

As Starting Grants están deseñadas para apoiar a investigadores principais de primeiro nivel nun momento da súa carreira no que están comezando o seu propio equipo ou programa de investigación. Os investigadores principais deberán demostrar a natureza innovadora, a ambición e a viabilidade da súa proposta científica.

Destinatarios

As accións do ERC están abertas a investigadores de calquera nacionalidade que pretendan levar a cabo a súa actividade investigadora nun Estado membro da UE ou nun Estado Asociado do programa Horizonte 2020. É indiferente a idade do investigador ou o seu lugar de residencia no momento de solicitar a axuda. Porén, os investigadores principais que reciban este tipo de axudas deben pasar unha porcentaxe mínima do tempo total da súa investigación nun Estado membro da UE ou nun Estado asociado.
Ademais, o investigador principal deberá ter acadado o seu Doutorado entre 2 e 7 anos antes do 1 de xaneiro de 2017. Tamén deberá ter, polo menos, unha publicación importante como autor principal ou sen a participación do seu supervisor de tese. Tamén deberá poder demostrar unha traxectoria prometedora de éxitos no seu eido de traballo con outras publicacións, invitacións a participar en conferencias internacionais, patentes, premios, recoñecementos...
A institución receptora deberá atoparse ou ben nun Estado membro ou nun Estado asociado ao programa Horizonte 2020 e estar constituída como entidade legal de acordo co Dereito nacional ou ben ser unha Organización Internacional de Interese Europeo (CERN, EMBL…), o JRC (European Commission´s Joint Research Centre) ou outra entidade creada de acordo co Dereito comunitario.

Financiamento

Estas axudas terán unha contía máxima de 1.5 millóns de euros para un período de 5 anos. Esta contía será prorrateada en caso de proxectos de menor duración.
Porén, poderase conceder ata 500.000 euros adicionais para actividades concretas (viaxes, acceso a instalacións, equipo, etc).

Orzamento total da convocatoria

605 millóns de euros (máis ou menos 415 axudas)

Duración do proxecto

Ata 5 anos.

Data de publicación

26/07/2016

Data límite de solicitude

18/10/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante