Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Advanced Grant - ERC-2016-ADG

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

As Advanced Grants están deseñadas para apoiar a Investigadores Principais de primeiro nivel nunha fase da súa carreira na que xa están consolidados como líderes en materia de investigación e contan cunha recoñecida traxectoria de logros en investigación. O Investigador deberá demostrar a natureza innovadora, a ambición e a viabilidade da súa proposta científica.

Eidos de actuación

Investigacións científicas levadas a cabo por Investigadores de primeiro nivel nunha fase da súa carreira na que xa están consolidados como líderes en materia de investigación.

Destinatarios

Espérase que os Investigadores Principais sexan activos e que teñan unha traxectoria de logros científicos significativos nos últimos dez anos. Entre eles, deberán atoparse un ou varios dos seguintes:
-Dez publicacións como autor senior (ou coautor) en revistas científicas de carácter internacional e multidisciplinar e/ou en xornais e conferencias no seu eido de traballo.
-Tres importantes monografías de investigación, das que polo menos unha teña sido traducida a outro idioma.
Outras posibilidades son a concesión de patentes, intervencións como relator invitado en conferencias internacionais ou escolas superiores, expedicións científicas, organización de conferencias ou congresos internacionais, premios ou recoñecementos internacionais...

Orzamento total da convocatoria

Estas axudas terán unha contía máxima de 2.5 millóns de euros para un período de 5 anos. Esta contía será prorrateada en caso de proxectos de menor duración.
Porén, poderase conceder ata un millón adicional para actividades concretas (viaxes, acceso a instalacións, equipo, etc).

Duración do proxecto

Ata 5 anos.

Data de publicación

24/05/2016

Data límite de solicitude

01/09/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante