Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premio Horizonte - Modificación de motores para un aire máis limpo - H2020-ENGINERETROFITPRIZE-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O Premio Horizonte para a adaptación de motores para un aire limpo ten como obxectivo estimular o desenvolvemento de novas tecnoloxías que poidan ser aplicadas ós motores diesel e sistemas de propulsión existentes para reducir as emisións contaminantes en condicións reais de condución a un nivel comparable co dos coches novos que responden á lexislación sobre emisións en vigor a partir de 2017.

Eidos de actuación

As candidaturas deben conseguir melloras moi significativas das emisións nocivas, e ó mesmo tempo reducir o consumo de combustible e as emisións de CO2 e proporcionar suficiente rendemento dinámico para a condución normal do vehículo.


O premio será outorgado á candidatura que, de acordo ás medicións de verificación do JRC e en opinión do xurado demostre a solución que mellores resultados proporcione nos seguintes criterios:
-Niveis de NO X / NO2.
-Niveis de emisións PN/PM.
-Niveis das emisións de hidrocarburos (HC).
-Emisións doutros contaminantes.

Destinatarios

O concurso está aberto a todas as entidades legais (persoas naturais ou legais, incluíndo organizacións internacionais) ou grupos de entidades legais independentemente do lugar no que estean establecidas. Os participantes que xa teñan recibido un premio europeo ou Euratom non poderán recibir un segundo premio polas mesmas actividades.

Orzamento total da convocatoria

1.5 millóns de euros

Data de publicación

20/04/2016

Data límite de solicitude

12/09/2017

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas a: EC-ENGINE-RETROFIT-PRIZE@EC.EUROPA.EU

Comentarios

A data tope para o envío de solicitudes é o 12 de setembro de 2017, pero para iso é necesario estar rexistrado na páxina e facelo antes do 12 de xuño de 2017.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante