Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premio Horizonte: O motor máis limpo do futuro - H2020-FutureEnginePrize-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O Premio Horizonte para o motor máis limpo (Cleanest Engine) do futuro busca mellorar a calidade do aire reducindo as emisións contaminantes excesivas procedentes de coches e vehículos comerciais lixeiros.
Dado que os motores son os principais contribuintes ás emisiones vehiculares, o premio busca estimular o desenvolvemento de motores avanzados de mezcla pobre (lean burn engines) e tecnoloxías “powertrain” que, usando combustibles convencionais, poidan reducir a emisión de contaminantes en condicións de conducción real na estrada. O foco deberá ser posto na reducción dos contaminantes máis perigosos ó nivel máis baixo posible, ó mesmo tempo que se limitan outras emisións. Eses futuros motores deberán, á vez, contribuir a acadar a reducción de gases de efecto invernadoiro acordada no COP21.

Eidos de actuación

O Premio será entregado ó participante que, dacordo cos métodos de verificación JRC e en opinión do xurado, mostre a solución que mellor se adapta ós seguintes criterios:
a)Niveis de NOX/NO2
b)Niveis de emisións PN/PM
c)Niveis de emisións de HC
d)Emisión doutros contaminantes (NH3, N2O, CO, CH2O)
e)Eficiencia do combusitible.


Destinatarios

O concurso está aberto a todas as entidades legais (persoas naturais ou legais, incluindo organizacións internacionais) ou grupos de entidades legais independientemente do lugar no que estén establecidas. Os participantes que xa teñan recibido un premio europeo ou Euratom non poderán recibir un segundo premio polas mesmas actividades.

Orzamento total da convocatoria

3.5 millóns de euros

Data de publicación

20/04/2016

Data límite de solicitude

20/08/2016

Documentación

Contacto

En caso de dúbidas, pódese contactar: RTD_FUTURE_ENGINE_PRIZE@EC.EUROPA.EU

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante