Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premio Horizonte: “Birth Day” - H2020-BirthDayPrize-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O obxectivo é alcanzar unha demostrada redución na morbosidade e mortalidade materna e neonatal e/ou os casos de partos mortos (cando o bebé nace sen vida, “stillbirth” en inglés) cando se producen en instalacións sanitarias, así como tamén mellorar a calidade e os resultados dos servizos de coidado nos partos que se producen en instalacións sanitarias.

Eidos de actuación

O Premio Horizonte para a redución da morbosidade e da mortalidade materna e neonatal (o Premio “Birth Day”) entregarase ós participantes que demostren solucións innovadoras para mellorar os resultados nos partos en instalacións sanitarias, que poderán ser de carácter clínico, tecnolóxico ou de xestión, ou a combinación destes. Calquera solución debe ter completamente en conta os factores sociais que sexan relevantes e ter o potencial de ampliarse rapidamente.

Destinatarios

O concurso está aberto a todas as entidades legais (persoas naturais ou legais, incluindo organizacións internacionais) ou grupos de entidades legais independientemente do lugar no que estén establecidas. Os participantes que xa teñan recibido un premio europeo ou Euratom non poderán recibir un segundo premio polas mesmas actividades.

Orzamento total da convocatoria

O Premio “Birth Day” da UE é de un millón de euros. Porén, tanto a Fundación Bill & Melinda Gates como a Merck Sharp & Dohme Corp. comprometéronse tamén a premiar ó participante elixido pola Comisión cun premio dun millón de euros adicional (pola Fundación) e con outro de 500.000 euros por parte da MS&D.

Data de publicación

28/04/2016

Data límite de solicitude

06/09/2016

Documentación

Contacto

Para posibles dúbidas, pódense poñer en contacto co Horizon 2020 Helpdesk: http://ec.europa.eu/research/index.cfm?pg=enquiries

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante