Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-NET Cofund – Promoción da Igualdade de Xénero en Horizonte 2020 e ERA - SwafS-02-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A investigación europea aínda sufre obstáculos persistentes e restricións á igualdade de xénero na contratación, promoción e mobilidade dos científicos no sistema científico europeo, así como a ausencia de mulleres na toma de decisión e a representación desequilibrada no proceso de avaliación dos proxectos de investigación.


As evidencias estatísticas suxiren que as taxas de éxito no financiamento da investigación son máis altas para os investigadores homes que para as mulleres. A dimensión de xénero necesita tamén ser máis e mellor integrada nos programas de investigación e nos seus contidos. O Informe ERA Progress 2014 indica que existen amplas disparidades entre os Estados Membros na súa concienciación respecto das discriminacións directas e indirectas por razón de xénero nos sistemas de investigación, así como nos medios que estes mobilizan para superalas. O reto é mellorar todos eses puntos e avanzar cara unha Área Europea de Investigación que teña alcanzado a igualdade de xénero nos eidos de investigación e innovación.

Eidos de actuación

A Acción ERA-NET Cofund extenderá o partenariado a outros Estados Membros e Estados Asociados e aumentará o mapeo e a análise a estes novos socios. Ademais, as avaliacións conxuntas extenderanse tamén á análise cuantitativa e cualitativa das diferencias e sesgos de xénero no acceso ás subvencións de investigación.
Esta acción tamén axudará a definir e desenvolver condicións apropiadas para a igualdade de oportunidades no financiamento da investigación.
Tamén lanzará, cofinanciará e monitorizará a cooperación estratéxica transnacional e as accións en apoio da aplicación dos obxectivos ERA e basarase nas prioridades identificadas por GENDER-NET, ambas tidas en conta desde a perspectiva do cambio institucional na investigación e no financiamento de organizacións e incluíndo a integración da dimensión de xénero nos programas e contidos da investigación.
Entre as prioridades deberán incluírse iniciativas como o apoio ós plans de igualdade de xénero e o desenvolvemento de sistemas de monitorización e estratexias de avaliación.
Plans de monitorización, incluíndo indicadores, deberán ser desenvolvidos e empregados.

Destinatarios

1)Entidades legais establecidas nun Estado Membro, nos territorios de ultramar vinculados a estes ou en Estados Asociados a Horizonte 2020.
2)Entidades legais establecidas noutros Estados e Organizacións internacionais poderán ser elixibles cando o financiamento estea previsto nun Acordo científico e tecnolóxico de carácter bilateral (ou algún outro tipo de arreglo entre a UE e unha organización ou terceiro Estado) e cando a Comisión considere a participación desa entidade esencial para o desenvolvemento da acción.
Os participantes das accións de ERA-NET Cofund deben ser “financiadores de investigación”, como é o caso de entidades legais que posúan ou xestionen programas públicos de investigación e innovación.

Socios

Polo menos tres entidades legais, cada unha delas establecida nun Estado membro diferente (ou Estado Asociado a H2020) e independentes unhas doutras.

Financiamento

Un máximo dun 33%& do custe total da acción.

Orzamento total da convocatoria

5 millóns de euros

Duración do proxecto

Non máis de 5 anos.

Data de publicación

13/04/2016

Data límite de solicitude

30/08/2016

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante