Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Formación personalizada para o benestar e o coidado das persoas mentres envellecen - SC1-PM-15-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Desenvolver e validar conceptos con base en TICs radicalmente novos e enfoques de empoderamento e motivación á xente que precisa guía e coidados debido a enfermidades ou afeccións derivadas da idade, en cooperación cos seus coidadores cando iso sexa apropiado, e axudalos a mellorar e manter a súa independencia, capacidade funcional, estatus de saúde e preservar o seu benestar físico, cognitivo, mental e social.

Eidos de actuación

As propostas deberán mostrar probas de solucións radicalmente novas para unha “formación virtual” (“virtual coach”) personalizada, construída en ambientes TIC intelixentes, acceso a datos fisiolóxicos e de comportamento, novas formas de interacción accesible baseada en conceptos tanxibles de interacción entre usuarios, plataformas abertas e informática emocional. A utilidade e a facilidade de interacción entre usuarios deben ser elementos de deseño esenciais desa formación.
A formación deberá proporcionar consello personalizado, asesoría e seguimento nos eidos clave relacionados coa idade que sexan importantes na vida cotiá e que poidan afectar á capacidade da persoa de permanecer activo e independente, como son a alimentación, a actividade física, a evasión de riscos, medidas preventivas, estilo de vida e xestión da actividade, ocio, participación social e benestar xeral. O obxectivo debe ser preservar o benestar físico, cognitivo, mental e social tanto tempo como sexa posible e facilitar a interacción cos coidadores (cando sexa relevante).
As solucións deben estar construídas sobre a base dunha investigación multidisciplinar e aplicar tamén este tipo de investigación, así como incluír algoritmos intelixentes máis aló do “state-of-the-art” que sexan capaces de razoar, aprender autonomamente e adaptarse ás necesidades persoais, ós patróns emocionais e de comportamento, enfermidades e preferencias, así como ó ambiente de vida do usuario e as súas conexións sociais. As solucións deberán estar integradas á perfección nas actividades do día a día e ofrecer a información desexada de xeito rápido e eficiente.
As propostas deberán abordar aspectos éticos e de xénero relevantes , e deben tamén avaliar cuestións de regulación legal como a propiedade dos datos, a protección dos datos, responsabilidade e protección dos consumidores.
É crucial que os usuarios estean involucrados e leven a innovación a todos os niveis de deseño e desenvolvemento, incluíndo a aceptabilidade do usuario, a súa satisfacción e o impacto en entornos realistas.

Destinatarios

1)Entidades legais establecidas nun Estado Membro, nos territorios de ultramar vinculados a estes ou en Estados Asociados a Horizonte 2020.
2)Entidades legais establecidas noutros Estados e Organizacións internacionais poderán ser elixibles cando o financiamento estea previsto nun Acordo científico e tecnolóxico de carácter bilateral (ou algún outro tipo de arreglo entre a UE e unha organización ou terceiro Estado) e cando a Comisión considere a participación desa entidade esencial para o desenvolvemento da acción.

Socios

Polo menos tres entidades legais, establecidas en diferentes EM ou Estados asociados a H2020. As tres entidades legais deben ser independentes unhas doutras.

Financiamento

Ata o 100%

Orzamento total da convocatoria

25 millóns de euros

Duración do proxecto

Non consta

Data de publicación

20/09/2016

Data límite de solicitude

31/01/2017

Documentación

Comentarios

O prazo de solicitudes abrirá o 20 de setembro de 2016.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante