Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Cooperación UE-Xapón en robótica TIC innovadora para o envellecemento activo e saudable na casa ou en institucións - SC1-PM-14-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Investigación conxunta e propostas innovadoras para o desenvolvemento e utilización de solucións robóticas avanzadas e relacionadas coas TIC que teñan a finalidade de xeralizar o envellecemento active e saudable na vida cotiá.

Obxectivo específico da convocatoria

Son varios os obxectivos que se pretenden lograr. Entre outros, aumentar a independencia e a autonomía das persoas maiores que teñan necesidade de coidados, por exemplo a través da redución do tempo que se pasa nas institucións de coidado e aumentando o tempo que as persoas poden pasar na súa casa mentres envellecen, sempre que carezan de impedimentos físicos ou mentais que o desaconsellen.
Tamén se buscará mellorar a calidade do servizo que se encarga das necesidades cotiás das persoas maiores e a calidade de vida desas persoas e as que se encargan deles.
Perséguese a redución da carga dos coidadores, compartindo as tarefas con robots e recursos humanos complementarios ou suplementarios.

Eidos de actuación

As propostas deben combinar a investigación multidisciplinar, englobando comportamento, socioloxía, saúde e outras disciplinas.
Coa finalidade de apoiar ás persoas maiores na súa vida cotiá, tanto na casa como en institucións de coidado, as solucións propostas deben centrarse nas necesidades, intereses e estilo de vida das persoas maiores a través dunha interacción robot-humano personalizada e auto-adaptable. Deberán tamén proporcionar certo sentido de estabilidade e confort, así como reducir as cargas dos coidadores, tanto en tempo como en costos laborais.
As propostas deberán desenvolverse e crearse en plataformas e cunha aproximación desde o “Internet das Cousas” (Internet of Things). Asi mesmo, deberán constituír un modelo de servizo innovador para prolongar a vida independente e apoiar a prevención de dunha prestación de coidados eficiente coas aplicacións e servizos propostos. Procúrase unha mellora na situación social dos maiores (asistencia e redución da soidade e o illamento) e un empoderamento dos mesmos que aproveite as súas facultades.
Serán necesarias experiencias piloto tanto na UE como no Xapón con suficientes usuarios involucrados como para validar os beneficios e o impacto esperados.


Coa finalidade de que o servizo da robótica TIC sexa aceptado na vida real é necesario garantir os temas éticos, legais e sociais. Unha adecuada consideración dos mesmos requerirase tanto no Xapón como na UE.

Destinatarios

1)Entidades legais establecidas nun Estado Membro, nos territorios de ultramar vinculados a estes ou en Estados Asociados a Horizonte 2020.
2)Entidades legais establecidas noutros Estados e Organizacións internacionais poderán ser elixibles cando o financiamento estea previsto nun Acordo científico e tecnolóxico de carácter bilateral (ou algún outro tipo de arreglo entre a UE e unha organización ou terceiro Estado) e cando a Comisión considere a participación desa entidade esencial para o desenvolvemento da acción.

Socios

Polo menos tres entidades legais, establecidas en diferentes EM ou Estados asociados a H2020. As tres entidades legais deben ser independentes unhas doutras.

Financiamento

Ata o 100%

Orzamento total da convocatoria

5 millóns de euros

Duración do proxecto

O proxecto non poderá ter unha duración superior a 36 meses.

Data de publicación

20/10/2015

Data límite de solicitude

07/06/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante