Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Bolsas de investigación individuais (IF) Marie Skłodowska-Curie - H2020-MSCA-IF-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

As accións Marie Skłodowska-Curie garantizan unha formación en investigación excelente e innovadora, ademais dunha carreira atractiva e oportunidades de intercambio de coñecementos a través da mobilidade transfronteiriza e transversal dos investigadores, coa finalidade de preparalos mellor para os cambios sociais presentes e futuros.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo das bolsas de investigación individuais é impulsar o potencial creativo e innovador de investigadores con experiencia, procurando diversificar as súas competencias individuais en termos de adquisición de habilidades a través dunha formación avanzada e unha mobilidade internacional e transversal.
As bolsas de investigación individuais (IF) ofrecen oportunidades de adquirir e transmitir novos coñecementos e de traballar en investigación e innovación nun contexto europeo (Estados membros da UE e Estados asociados) ou fora de Europa. O plan apoia particularmente o retorno e a reintegración de investigadores de fóra da UE que xa teñen traballado aquí. Tamén desenvolve ou axuda a reiniciar carreiras de investigadores individuais que mostran un gran potencial, considerando a súa experiencia.

Eidos de actuación

Prevense bolsas de investigación individuais e transnacionais concedidas ós mellores ou máis prometedores investigadores independientemente da súa nacionalidade, para ser contratados nos Estados membros ou en Estados asociados.
A solicitude debe facerse conxuntamente polo investigador e o beneficiario, xa sexa en sectores académicos ou non académicos.
Só será avaliada unha proposta por cada individuo.
As bolsas toman a forma de “bolsas europeas” (European Fellowships) ou bolsas globais (Global Fellowships). As primeiras teñen lugar nun EM ou nun Estado asociado e están abertas a investigadores de calquera país do mundo. As segundas suponen un traslado a un terceiro Estado e un periodo de retorno obligatorio de 12 meses a algún Estado europeo anfitrión.
Os investigadoras que reciban unha bolsa individual poden optar a unha segunda fase de traslado en Europa, especialmente en sectores non académicos, comprendido dentro da duración global da súa bolsa.
Deberase establecer conxuntamente polo supervisor e o investigador un Plan de Desenvolvemento Profesional (Career Development Plan) que deberá comprender, ademais dos obxectivos de innovación e investigación, a formación do investigador e as necesidades da carreira, incluindo a formación en habilidades transferibles, a planificación de publicacións e a participación en conferencias.

Destinatarios

O “beneficiario” debe ser unha entidade legal baseada nun Estado membro ou nun Estado asociado de Horizonte 2020, así como empregar e supervisar ó investigador durante a acción.
Os investigadores deben contar con experiencia no momento en que remata o período para a solicitude da bolsa e ter un Doutoramento ou, polo menos, unha experiencia de catro anos de dedicación exclusiva á investigación.

Socios

Ó tratarse dunha bolsa individual, non haberá socios.

Financiamento

As características para cada caso atópanse previstas no Work Programme.

Orzamento total da convocatoria

218.5 millóns de euros

Duración do proxecto

Para bolsas europeas (European Fellowships): 12-24 meses. Para bolsas globais (Global Fellowships:: 24-36 meses (12-24 meses para a primeira fase e outros 12 para a fase de retorno en Europa).

Data de publicación

14/04/2016

Data límite de solicitude

14/09/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante