Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Demostracións de solucións innovadoras baseadas na natureza para as cidades – H2020-SCC-2016-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Crear un marco de referencia europeo de solucións baseadas na natureza para autoridades, comunidades, empresas e outros interesados rexionais e locais no que se expoñan os beneficios, co-beneficios, efectividade de costes e viabilidade económica destas solución coa finalidade de mellorar, dunha banda, a resiliencia climática e acuática nas ciudades e, doutra banda, para encarar unha rexeración urbana inclusiva e así promover o seu uso a gran escala e crear un mercado global.

Eidos de actuación

a) Demostrar solucións innovadoras e baseadas na natureza para mellorar a resiliencia climática e acuática nas cidades (2016).
As accións deberán procurar mellorar a resiliencia urbana ó cambio climático (mitigación e adaptación) e mellorar a sustentabilidade da xestión dos recursos acuáticos a través da utilización de solucións baseadas na natureza e outras tecnoloxías. Os enfoques interdisciplinarios e con base na comunidade, incluíndo ciencias sociais e humanidades, no co-deseño, co-desenvolvemento e co-implementación das solucións considerarase necesario.
b)Solucións baseadas na natureza para una rexeración urbana sostible (2017).
As accións deberán encarar solucións baseadas na natureza para unha rexeración urbana sostible, incluíndo a rexeración de distritos en situación desvantaxosa e áreas descuidadas ou abandonadas. Deberán tamén probar ata que punto estas solucións poden reducir a criminalidade e os costes de seguridade, así como mellorar a saúde humana, o benestar e a cohesión social.
O papel da innovación social e, por tanto, a participación das ciencias humanas e sociais como o Dereito, Economía, Ciencia política, Arquitectura ou Deseño, é particularmente importante para afrontar axeitadamente estes complexos desafíos.

Destinatarios

1. Entidades legais establecidas en:
-Estados Membros.
-Territorios e Estados de ultramar vinculados a Estados membros.
-Estados asociados ás accións de Horizonte 2020.
2. Organizacións internacionais de interese europeo
3.Entidades legais establecidas en Estados diferentes dos xa ditos cando así se estableza específicamente na convocatoria.
4.Entidades legais e organizacións internacionais serán elixibles cando:
- o financiamento proveña dun acordo bilateral científico ou tecnolóxico ou outros arreglos entre a UE e unha organización internacional ou outros Estados.
- a Comisión considera esencial a súa participación.

Socios

Cada proxecto deberá implicar polo menos a dúas cidades “punteiras” e a tres cidades “seguidoras” de diferentes Estados membros ou asociados.

Financiamento

O 70%.

Orzamento total da convocatoria

40 millóns de euros

Duración do proxecto

Non consta.

Data de publicación

14/10/2015

Data límite de solicitude

06/09/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante