Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Xestión sustentable de recursos hídricos en sectores agrícola, forestal e acuícola de auga doce - ERA-NET Cofund WaterWorks2015

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Beneficiar a investigación transnacional e colaborativa así como os proxectos de desenvolvemento e innovación que teñan que ver con cuestións relativas ós desafíos que a xestión da auga supón actualmente para a sociedade.

Obxectivo específico da convocatoria

  • 1)Promocionar a investigación transdisciplinar.
  • 2)Dar un pulo ás propostas que combinen aproximacións básicas e aplicadas.
  • 3)Estimular a mobilidade dos investigadores dentro do consorcio.
  • 4)Mellorar a investigación e innovación colaborativa durante a vida do proxecto e máis aló.
  • 5)Promover a cooperación internacional no eido acuático.

Eidos de actuación

  • 1)Aumentar a eficiencia e a resiliencia dos usos da auga, a través do desenvolvemento de sistemas e prácticas innovadoras para o uso e a reutilización da auga, incluindo tecnoloxías de precisión para a irrigación da auga, e a resiliencia ós cambios climáticos.
  • 2)Controlar e reducir a contaminación do solo e da auga, optimizando o uso dos fertilizantes e evitando certos compostos, e desenvolver esquemas e indicadores que poidan identificar, cuantificar e minimizar as fontes de contaminación.
  • 3)Integrar as dimensions social e económica na xestión sustentable e a gobernanza dos recursos hídricos.

Destinatarios

As propostas deben ser enviadas por:
Universidades ou outras institucións de educación superior
Institucións públicas de investigación
Organizacións privadas sen ánimo de lucro
Empresas

Socios

Precísanse, como mínimo, tres socios de tres países diferentes.

Financiamento

Un máximo de 1.5 millóns por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

25.5 millóns de euros

Duración do proxecto

De 24 a 36 meses

Data límite de solicitude

15/09/2016

Documentación

Contacto

En España: MINECO: waterjpi.ncp@mineco.es


E o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI): María José Tomás
mariajose.tomas@cdti.es;
dptosbcrn@cdti.es;
(+34) 91 581 5502

Comentarios

É importante comprobar que se cumpren tamén as condicións previstas polos puntos nacionais de contacto. Para máis información:
http://www.waterjpi.eu/images/JC2016/01_ww2015_national_regulations_final.pdf

.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante