Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para a creación de comunidades de coñecemento e innovación (CCI) do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) - EIT-KICS-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

As CCI ofrecen unha oportunidade xenuina para que os líderes en innovación formen parte dunha comunidade altamente integrada e colaborativa, baseada nos principios de excelencia e compromiso, e logren así un impacto pan-europeo. As CCI organízanse de acordo á lóxica empresarial, cun gran enfoque nas persoas e o talento como motores da innovación e cun modelo de goberno e de negocio áxil e eficiente.

Eidos de actuación

Iníciase o proceso de selección de dúas novas Comunidades de Coñecemento e Innovación - CCI nas áreas temáticas de:


1)EIT Alimentación: Food4Future - Cadea de Suministro Sostible desde os recursos até os consumidores.


2)EIT Fabricación: Fabricación de Valor añadido.

Destinatarios

Todo tipo de organizacións.

Socios

A CCI debe conter:

1)Polo menos, tres organizacións socias independentes de tres Estados membros diferentes.


2)Polo menos 2/3 partes das organizacións socias deben estar en Estados membros.


3)Polo menos unha institución de educación superior e unha empresa privada.


4)Máximo de 50 socios.

Financiamento

25% do orzamento total da CCI. É posible que o EIT conceda unha subvención para “start up” de ata 4 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

Orzamento orientativo de 150 millóns de euros

Duración do proxecto

Non consta

Data de publicación

14/01/2016

Data límite de solicitude

14/07/2016

Documentación

Comentarios

A data límite de solicitude vence o 14 de xullo de 2016, ás 17.00 h (horario de Bruxelas)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante