Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Bioenerxía: BESTF3

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O lanzamento dunha convocatoria internacional conxunta para financiar proxectos innovadores en bioenerxía cun alto compoñente demostrador liderados pola industria.

Eidos de actuación

Todos os proxectos innovadores pre-comerciais no eido da bioenerxía que fomenten a colaboración e que estean liderados por la industria.
Poderanse presentar tódolos proxectos que se centren na produción de enerxía e que se refiran a algunha das 7 cadeas de valor identificadas como prioritarias na Iniciativa Industria Europea en Bioenerxía (4 termoquímicas y 3 bioquímicas):

• 1. Combustibles líquidos sintéticos ou hidrocarburos e na mestura de compoñentes a través da gasificación.
• 2. Bio-metano e outros combustibles gasosos sintéticos a partir de biomasa a través da gasificación.
• 3. Xeración de calor de alta eficiencia e de enerxía a través de la gasificación da biomasa.
• 4. Portadores de bioenerxía a través de outros procesos termoquímicos (pirolisis, torrefacción).
• 5. Produción de etanol e outros alcois a partir de materia prima lignocelulósica a través da fermentación.
• 6. Hidrocarburos renovables a través de síntese biolóxica ou química a partir de biomasa rica en hidratos de carbono.
• 7. Portadores de bioenerxía a partir de CO2 e luz solar mediante la produción basada en microorganismos e na mellora de combustibles e bio-productos de alto valor engadido.

Destinatarios

Empresas, universidades, centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos e outras entidades sen ánimo de lucro.

Socios

Nos consorcios elixibles ten que haber un mínimo de dous socios independentes de, polo menos, dous países que participen na convocatoria. Non hai limite de socios, primarase a cooperación transnacional.

Financiamento

60% para pequenas empresas, 50% para medianas empresas e 40% para grandes empresas.
O presuposto dispoñible para a financiación da participación empresarial nesta convocatorias 1,5 M€ CDTI + 0,5 MINECO. O orzamento mínimo financiable por empresa será de 175.000€.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de, aproximadamente, 22 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non consta

Data de publicación

01/12/2015

Data límite de solicitude

18/03/2016

Documentación

Contacto

Departamento de Enerxía e Cambio Climático (DECC). A persoa de contacto é Megan Cooper:megan.cooper@decc.gsi.gov.uk



CDTI: Beatriz Torralba
Teléfono:915815502
Email: dptosbcrn@cdti.es / beatriz.torralba@cdti.es

Comentarios

Nos proxectos internacionais a data límite de presentación é o 29 de febreiro 2016.

A subcontratación non poderá superar o 50% do presuposto financiable do proxecto.

A financiación da participación das empresas nacionais participantes nos consorcios internacionais correrá a cargo del CDTI. A financiación da participación das universidades, centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos e outras entidades sen ánimo de lucro correrá a cargo de MINECO.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante