Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Primeira fase da convocatoria da Era-Net Cofund sobre Produción Animal Sostible (SusAn)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O principal obxectivo de SusAn consiste no lanzamento dunha convocatoria conxunta, cofinanciada pola CE, para impulsar proxectos transnacionais de I+D que fortalezan a sostibilidade e a competitividade dos sistemas europeos de produción animal.

Adicionalmente, preténdense desenvolver outras actividades conxuntas a nivel europeo, dirixidas a reforzar e expandir a cooperación internacional, procura de sinerxias e reducir solapamentos na I+D europea mediante o desenvolvemento dunha axenda estratéxica xunto con outras iniciativas, tales como FACCE-JPI, ICT-Agri ou ERA-GAS.

Obxectivo específico da convocatoria

• Mellora da produtividade, resiliencia e competitividade.
• Eficiencia no uso e xestión dos recursos para reducir os residuos e mellorar a sustentabilidade ambiental da produción animal.
• Mellora de prácticas gandeiras para favorecer a aceptación do consumidor e afrontar retos sociais relativos ao benestar animal, calidade e seguridade alimentaria, biodiversidade e provisión de servizos eco-sistémicos.

Eidos de actuación

As propostas deberán comprender, preferiblemente, os tres piares da sostibilidade sobre os que se sustenta SusAn: competitividade económica, aceptación social e proteción ambiental. Así mesmo, as propostas deberán proporcionar un enfoque interdisciplinar e multi-actor que reflicta a realidade diversa e complexa dos sistemas de produción animal en Europa.

Destinatarios

Consorcios transnacionais de tres entidades independentes. Os centros públicos de investigación, universidades ou outras entidades sen ánimo de lucro poden participar baixo subcontratación por unha empresa española.
Serán elixibles para recibir financiación CDTI aqueles proxectos que comprendan actividades de investigación industrial e/ou desenvolvemento experimental realizadas en España, representando unha alta calidad científico-técnica e un relevante grado de innovación.

Socios

Mínimo tres socios de tres países participantes, e máximo de oito socios por consorcio.

Financiamento

A modalidade de axuda será subvención, con cuantía individualizada en función do custo financiabel real do proxecto, as características do beneficiario e a dispoñibilidade orzamentaria, respetando os límites de intensidade de axuda máxima con arreglo ao Regulamento Xeral de Exención de Categorías: 60 % para pequenas empresas, 50% para medianas empresas e 40 % para grandes empresas.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible é de 21 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non consta

Data de publicación

04/01/2016

Data límite de solicitude

09/09/2016

Documentación

Contacto

Recoméndase contactar co CDTI previamente á presentación de solicitudes para recibir asesoramento personalizado respecto aos requisitos de elexibilidade e presentación.

Dirección de Promoción e Cooperación de CDTI:

Carlos Franco / mailto:carlos.franco@cdti.es/ Tfno. 91 581 5502

Comentarios

Calendario da convocatoria:
- Apertura da convocatoria: 4 de xaneiro de 2016.
- Prazo de presentación de pre-propostas internacionais: 29 de marzo 2016 (12:00 CET).
- Comunicación de resultados da primeira etapa, comezo da segunda etapa: 11 de xullo 2016.
- Prazo de presentación de propostas completas internacionais: 9 de setembro 2016 (12:00 CET).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante