Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria 2016 Marie Skłodowska-Curie Innovative Training Networks (INT) de Horizonte 2020. - H2020-MSCA-ITN-2016

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Contribuír á construción dunha economía baseada no coñecemento e a innovación en toda a Unión mobilizando un financiamento adicional suficiente nos ámbitos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación.

Obxectivo específico da convocatoria

Búscase proporcionar unha formación en investigación excelente e innovadora a investigadores predoutorales nos primeiros catro anos das súas carreiras investigadoras. Perséguese do mesmo xeito ofrecer oportunidades atractivas de carreira profesional e intercambio de coñecementos, a través da mobilidade transfronteiriza e transectorial dos investigadores, a fin de preparalos óptimamente para facer fronte aos retos sociais presentes e futuros.

Eidos de actuación

As Innovative Training Networks (ITN) dan soporte á formación investigadora conxunta e tamén a programas de doutoramento implementados por colaboracións entre as universidades, centros de investigación, infraestruturas de investigación, empresas, PEMEs e outros axentes socioeconómicos de diferentes países tanto europeos como de fora da Unión. As colaboracións toman a forma de Redes Europeas de Formación (ETN), Doutoramentos Industriais Europeos (EID) ou Doutoramentos Conxuntos Europeos (EJD)

Redes Europeas de Formación (ETN), son redes de formación investigadora que se compoñen dun mínimo de tres beneficiarios. Recoméndase que as propostas de ETN ofrezan formación investigadora interdisciplinaria e intersectorial.

Doutoramentos Industriais Europeos (EID), perseguen formar investigadores altamente cualificados e estimular o emprendemento, a creatividade e a innovación en Europa. Compóñense de un mínimo de dous beneficiarios e polo menos un deles deberá de pertencer ao sector académico e outro ao sector non académico.

Doutoramentos Conxuntos Europeos (EJD), buscan promover a colaboración internacional, intersectorial e multidisciplinaria na formación doutoral europea mediante a creación de programas de doutoramento conxuntos, conducentes ao establecemento de títulos de doutoramento conxuntos, dobres ou múltiples. Compoñeranse dun mínimo de tres beneficiarios capacitados para outorgar o título de doutor ou doutora.

Destinatarios

As ITN van dirixidas fundamentalmente a organizacións de países tanto da Unión Europea como de outros asociados a Horizonte 2020, tales como universidades, centros de investigación ou compañías, que propoñan redes de formación en investigación.

Do mesmo xeito, os particulares interesados poden aplicar a posicións específicas creadas por esas redes. En todo caso, os investigadores non poden ter residido ou desenvolto a súa actividade principal (traballo, estudos, etc.) no país do organismo de acollida durante máis de 12 meses e nos 3 anos inmediatamente anteriores á data do contrato.

Socios

Redes Europeas de Formación: requírese un mínimo de tres beneficiarios establecidos nun mínimo de tres países europeos ou asociados diferentes.

Doutoramentos Industriais Europeos: polo menos requírese un mínimo de dous beneficiarios de dous Estados membros ou asociados diferentes.

Doutoramentos Conxuntos Europeos: compoñeranse dun mínimo de tres beneficiarios establecidos en distintos Estados membros ou asociados.

Financiamento

A Unión Europea contribuirá financeiramente á contratación do persoal investigador e ós gastos asociados á súa formación, investigación e traballo en equipo. Tamén sufragará os gastos de xestión e custos indirectos.

Orzamento total da convocatoria

370.000.000 euros: 317 millóns para as Redes Europeas de Formación, 25 millóns para os Doutoramentos Industriais Europeos e 28 millóns para os Doutoramentos Conxuntos Europeos.

Duración do proxecto

48 meses a partires da data de inicio establecida no acordo de subvención.

Data de publicación

14/10/2015

Data límite de solicitude

12/01/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante