Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Seguridad externa e de fronteiras (H2020-BES-2015).

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta convocatoria conxunta busca, por un lado, promover o desenvolvemento das tecnoloxías e capacidades necesarias para mellorar os sistemas, equipamentos, ferramentas, procesos e métodos para a rápida identificación co fin de aumentar a seguridade na fronteira. Isto inclúe tanto o control, como a vixilancia, explotando todo o potencial de EUROSUR e promover e mellorar o uso de novas tecnoloxías nos controis de fronteiras; tamén en relación coa iniciativa lexislativa FRONTEIRAS INTELIXENTES. Tamén afronta o tema da seguridade da cadea de suministro no contexto da política de alfándegas da UE.


Por outro lado, a convocatoria céntrase en novas tecnoloxías, capacidades e solucións necesarias para apoiar as políticas de seguridade externa da Unión en tarefas civís, abranguendo dende a protección civil ata axuda humanitaria, xestión de fronteira ou mantemento da paz e estabilización post-crise, incluíndo a prevención de conflitos, a mediación e a consolidación da paz. Isto require investigación sobre resolución de conflitos e restauración da paz e a xustiza, identificación temperá dos factores que levan ao conflito e o seu impacto nos procesos de restauración da xustiza.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria aborda os seguintes temas:


  • Seguridade de fronteira marítima.


  • Postos fronteirizos.


  • Seguridade da cadea de suministro.


  • Xestión da información no contexto da seguridade externa.


  • Prevención de conflitos e construción da paz.


  • Dimensión ética e social.

Eidos de actuación

Dentro desta convocatoria conxunta inclúense as seguintes acciones:


1. Seguridade de fronteira marítima


  • Sistemas de radares para a vixilancia e áreas costeiras e pre-fronteriles e de apoio ás operacións de busca e rescate.


  • Tecnoloxías de despregamento, doados e asequibles, para a vixilancia costeira con impacto reducido para o medio ambiente.


  • Vehículos (e sensores) lixeiros de pilotaxe opcionais para a vixilancia marítima.


  • Detección de avións que voan baixo no espazo aéreo próximo ao literal.


2. Postos fronterizos


  • Conceptos de mobilidade novidosos para a seguridade das fronteiras terrestres.


  • Explorando novas modalidades de controis fronteirizos biométricos.


  • Optimización dos procesos de control e planificación de fronteiras.


3. Seguridade da cadea de suministro.


  • Desenvolvemento dun escáner (a distancia) non-intrusivo mellorado.


4. Seguridade exterior


  • Seguimiento do persoal civil de misións humanitarias.


  • Xestión da información, sistemas e infraestruturas para accións civís de externas da UE.


  • Programas de capacitación para o persoal de prevención de conflitos e consolidación da paz.

Socios

Para as accións encadradas na categoría de Accións de Investigación e innovación requírese polo menos tres entidades legalmente constituídas, independentes e de países diferentes.


Para aquelas da categoría de Accións de Coordinación e apoio, pode optar unha entidade soa, establecida nun Estado Membro ou asociado.

Financiamento

A dotación dos proxectos varía segundo a convocatoria pero as cantidades oscilan entre 1 e 12 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

42.170.000 euros

Data de publicación

25/03/2015

Data límite de solicitude

27/08/2015

Contacto

CDTI
C/ Cid, 4 28001 Madrid
Javier GARCÍA
+34 91 581 55 66
javier.garciacdti@es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante