Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria conxunta de propostas de investigación, BiodivERsA3 2015.

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A presente convocatoria busca propostas de investigacións para entender e xestionar as dinámicas de biodiversidade para mellorar o funcionamento dos ecosistemas e a prestación dos servizos dos ecosistemas nun contexto global cambiante.

Eidos de actuación

As propostas de investigación deben abranguer dous ámbitos de actuación:


  • Comprender e xestionar as dinámicas da biodiversidade de chans e sedimentos para mellorar o funcionamento e a prestación de servizos dos ecosistemas.


  • Comprender e xestionar as dinámicas da biodiversidade en paisaxes terrestres, marítimos e rivereños (conectividade do hábitat, infraestruturas verdes e azuis e cidades con forte compoñente natural) para mellorar o funcionamento e a prestación de servizos dos ecosistemas.


As propostas só poden estar dedicadas a un dos dous obxectivos.

Destinatarios

Invítase aos equipos científicos a formar consorcios internacionais que comprendan polo menos 3 grupos de investigación de tres países distintos que participen nesta convocatoria. As propostas que inclúan grupos de investigación das rexións ultra periféricas ou de países ou territorios estranxeiros en cuxo caso abondarán dous grupos de dous países.

Financiamento

A Comisión Europea, conxuntamente con 24 organizacións de 15 países, entre os que se inclúe España, fixou un presuposto de 30 millóns de euros.


O organismo financiador español é o Ministerio de Economía e Competitividade, a través da Dirección Xeral de Investigación Científica e Técnica.

Orzamento total da convocatoria

30 millóns de euros.

Data de publicación

14/05/2015

Data límite de solicitude

20/07/2015

Documentación

Contacto

Cécile NIVET
Xestora de proxecto
+33 1 80 48 83 56
cecile.nivet@agencerecherche.fr

Sophie GERMANN
Xestora de proxecto
+33 1 80 48 83 56
sophie.germann@agencerecherche.fr

Comentarios

As propostas deben demostrar un elemento de valor engadido relacionado coa natureza pan-europea dos proxectos, cumprir os criterios científicos de excelencia e ter unha relevancia práctica e política.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante