Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Seguridade dixital: Ciberseguridade, privacidade e confianza. (H2020-DS-2015-1)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta convocatoria céntrase en demostrar a viabilidade e madureza das solucións de seguridade, privacidade e confianza que se testou nun ámbito de laboratorio. A intención é que tras a fase de validación encontren un oco no mercado. Dado que os conceptos, procesos e solucións de seguridade traballarán en escenarios da vida real, en grandes demostracións e involucrando de xeito directo os destinatarios finais que máis se beneficiarán do resultado, debería incrementar as perspectivas de mercado das TICs aplicadas á seguridade e demostrar a validez e efectividade da seguridade. Isto tamén reducirá os regos dun impacto económico negativo a causa dun incidente cibernético.

Eidos de actuación

A convocatoria agrupa accións nos seguintes campos:


  • O rol das TICs na protección de infraestruturas críticas.


  • Xestión da ciberseguridade dirixida pola información.


  • Confianza en servizos electrónicos.


  • Innovación tecnolóxica de gran valor en ciberseguridade.

Socios

As tres primeiras accións encádranse na categoría de accións innovadoras, o cal require polo menos tres entidades legais e independentes, establecidas en diferentes Estados Membros ou países asociados.


A última é unha acción de coordinación e apoio. Este tipo de accións require só unha entidade nun Estado Membro ou país asociado.

Financiamento

Se ben non existe un mínimo ou un máximo fixos, a Comisión establece uns presupostos desexables para os distintos proxectos. Estes oscilan entre 1 e 8 millóns de euros segundo a convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

50.210.000 euros.

Data de publicación

25/03/2015

Data límite de solicitude

27/08/2015

Documentación

Contacto

Seguridade
CDTI-Ministerio de Economía y Competitividad
C/ Cid, 4, 28001, Madrid, Spain
Tel: +34 91 581 5562 - Fax: +34 91 581 5586
http://www.cdti.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante