Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Loita contra o crime e o terrorismo (H2020-FCT-2015)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é tanto evitar un incidente, coma mitigar as súass potenciais consecuencias. Isto require novas tecnoloxías e medios para loitar e previr o crime (incluíndo a ciberdelincuencia), tráfico ilegal e terrorismo (incluíndo ciberterrorismo). Para iso búscase tamén entender e atacar as ideas e crenzas terroristas para evitar as ameazas relacionadas coa aviación.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria divídese en 4 áreas:


  • Ciencia forense.


  • Medios para o cumprimento da ley.


  • Seguridade urbana.


  • Dimensión ética/social.

Eidos de actuación

1. Ciencia forense:


  • Ferramentas e infraestruturas para a extracción, fusión, intercambio e análise de big data, incluíndo datos xerados de ciberdelitos para a investigación forense.


  • Ferramentas avanzas e doadas de usar na escena do crime.


  • Tecnoloxías móbiles e controladas a distancia para examinar a escena do crime no caso dun accidente ou dun ataque terrorista con materiais NRBQ.


  • Ciencia forense por internet para combater o crime organizado.


2. Medios para o cumprimento da ley:


  • Desenvolvemento de novos sistemas de monitorización e sensores miniaturizados que melloren a capacidade das axencias de cumprimento da lei na recolección de probas.


  • Detección e análise de contidos en internet relacionada con terroristas.


  • Plataforma paneuropea para os xogos serios e de formación.


  • Cooperación transnacional entre os usuarios finais e partes interesados en investigación en temas de seguridad.


  • Xestión de identidades.


3. Seguridade urbana:


  • Solucións innovadoras aos retos de contra-seguridade relacionados co ámbitos urbanos grandes.


  • Loitar contra o uso de ameazas explosivas por parte de terroristas ao longo do período da trama, incluíndo a detección dos explosivos no seu flujo.


  • Ferramentas de mínima intrusión para frear a escalada durante congregacións masivas que melloren a protección ciudadana.


4. Dimensión ética e social:


  • Factores que afectan á (in)seguridad.


  • Promover a cooperación entre as axencias encargadas do cumprimento da lei e os cidadáns. Policía comunitaria.


  • Mellor comprensión do rol das novas redes sociais e o seu uso para a seguridade pública.


  • Investigar o rol dos aspectos sociais, psicolóxicos e económicos dos procesos que levan ao crime organizado (incluíndo ofensas ciber relacionadas) e ás redes terroristas e o seu impacto na cohesión social.


  • Camino acelerado de innovación, piloto.

Socios

Para as accións encadradas na categoría de Accións de Investigación e innovación requírese polo menos tres entidades legalmente constituídas, independentes e de países diferentes.


Para aquelas da categoría de Accións de Coordinación e apoio, pode optar unha entidade soa, establecida nun Estado Membro ou asociado.

Financiamento

Se ben non existe unha cantidade máxima nin mínima fixa, a comisión establece un presuposto recomendado para cada proxecto en cada acción. Estes varían entre os 0,5 e os 12 millóns segundo a convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

42.160.000 euros.

Data de publicación

25/03/2015

Data límite de solicitude

27/08/2015

Documentación

Contacto

María Teresa Boyero Egido - Spain
Seguridad
Ministerio de Economía y Competitividad
C/ Cid, 4, 28001, Madrid, Spain
Tel: +34 91 581 5562 - Fax: +34 91 581 5586
http://www.cdti.es

Comentarios

Cada una de las acciones de la convocatoria varía en cuanto a requisitos y finalidad.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante