Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Industrias de base biolóxica PPP (H2020-BBI-PPP-2015-1-1)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Alcanzar un completo desenvolvemento das industrias de base biolóxica require un cambio e unha acción concentrada das distintas partes interesadas a través dos diversos sectores, disciplinas e Estados Membros. Esta orientación estratéxica apunta a acelerar o desenvolvemento de biorefinerías superando a fragmentación e identificando e explotando sinerxías intersectoriais. Ademais, aborda o establecemento de novas colaboracións e modelos de negocios que integren actores económicos xunto con toda a cadea de valor e incrementen a cooperación estratéxica entre sectores: ligando os actores incluídos na oferta de biomasa, biorefinerias e consumidores de produtos de base biolóxica. A integración ao longo das cadeas de valor beneficiará particularmente ás PEMEs e conseguiralles socios.


Unha contribución maiúscula ao desenvolvemento de biorefinerías é a comprensión dun uso en fervenza da biomasa. Unha vez máis, o desenvolvemento e a utilización de esquemas para o uso en fervenza da biomasa requiren o establecemento de novas colaboracións ao longo da cadea de valores e a través dos sectores. Con sostibilidade e competitividade como principios guía, poden optimizar o uso de biomasa como recurso e maximizar o valor derivado.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Avanzar a partir da materia prima lignocelulósica en químicos, materiais ou etanol de base biológica.


  • Apoiar a valorización de celulosa en novos produtos de valor añadido.


  • Promover procesos innovadores para a recuperación de azucre e a conversión de residuos sólidos urbanos.

Eidos de actuación

  • Integración intersectorial ao longo e a través das cadeas de valor.


  • Garantizar unha oferta suficiente e sostible.


  • Desenvolvemento de tecnoloxías de biorefinería.


  • Demanda de mercado asegurada e coñecemento do cliente.

Socios

Polo menos tres entidades legais, cada unha establecida nun Estado Membro ou país asociado distinto. As entidades debe ser independentes unhas de outras.

Financiamento

Estímase unha financiación de aproximadamente 35 millóns para cada un dos tres proxectos incluidos na convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

100 millóns de euros.

Data de publicación

19/05/2015

Data límite de solicitude

15/09/2015

Documentación

Contacto

Marta Conde Vidal
Seguridade alimentaria, agricultura sostible, asuntos e investigación marítima e bioeconomía e biotecnoloxía.
Ministerio de Economía y Competitividad
C/ Cid, 4, 28001, Madrid, Spain
Tel: +34 91 581 5562 - Fax: +34 91 581 5586
http://www.cdti.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante