Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Red de ética europea e integridade investigadora (H2020-GARRI-2015-10).

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A ciencia é un elemento crucial na dinámica das sociedades. Nun mundo interconectado e globalizado, o impacto do novo coñecemento científico crece continuamente. Para garantir que os resultados da investigación e innovación se correspondan coas necesidades da sociedade e sexan sostibles no longo prazo, todos os actores da sociedade deben traballar conxuntamente durante todo o proceso de I+i para aliñar valores, necesidades e expectativas da sociedade europea.


Para incrementar a relevancia das políticas de investigación e innovación para a sociedade, os directivos e decisores de organismos que financian políticas de I+i son invitados a adaptar constantemente o seu marco de goberno, así como a propiciar investigación e innovación aberta á sociedade.

Obxectivo específico da convocatoria

Promover unha investigación e innovación responsable, entendida nos sistemas de investigación e innovación actuais (incluídos o contexto industrial):


  • Actividades de apuntalamento de actividades relacionadas coa minaría de textos e datos (TDM), polas súas siglas en inglés), aproximacións innovadoras para a publicación e diseminación dos resultados e a medición do seu impacto.


  • Promover a ética na investigación, incluíndo a integridade investigadora, o que reduce o risco dumping ético de prácticas non éticas para países alleos á UE.


  • Apoiar os puntos nacionais de contacto ”ciencia con e para a sociedade” en Horizonte 2020 e os puntos nacionais de contacto para os estándares de calidade e temas relacionados con Horizonte 2020.

Eidos de actuación

A presente convocatoria céntrase en apoiar unha investigación ética e íntegra nos Estados Membros e a nivel Europeo. Busca identificar e compartir boas prácticas, concienciar sobre cuestións éticas na comunidade investigadora, tendo en conta a todas as partes interesadas.


Inclúense varias actividades como: fixación de criterios, talleres conxuntos e melloras na organización de eventos transfronteirizos. A prioridade dáse ao desenvolvemento de cursos e materiais formativos destinados a toda a comunidade investigadora e a actores sociais ligados á ética e a integridade investigadora.


Espérase que os participantes creen unha comunidade virtual/base de datos, utilizando a ferramenta da Comisión SINAPSE, de expertos europeos e internacionais nos distintos campos ética investigadora e integridade.

Destinatarios

As actividades están dirixidas a investigadores e innovadores, decisores e directivos públicos a nivel nacional, rexional e local, establecementos de educación superior e tamén a cidadáns (e as súas asociacións e grupos), museos científicos, prensa, artistas, industrias creativas, etc.


Os comités éticos de investigación e estruturas de apoio, así como os organismos dedicados á integridade investigadora son animados a participar.

Socios

Para esta convocatoria o consorcio debe estar composto polo menos dunha entidade legal establecida nun Estado Membro ou País Asociado.

Financiamento

Se ben non hai unha cantidade máxima, a partida por proxecto recomendada pola Comisión é de 1,5 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

8.400.000 euros

Data de publicación

22/04/2015

Data límite de solicitude

16/09/2015

Documentación

Contacto

María del Mar Mesas Ruiz - Spain
Inclusive, innovative and reflective societies - Science with and for Society -
Oficina Europea MINECO / FECYT
Calle Ablacete, 5, 7a Oeste, 28027, Madrid, Spain
Tel: +34 91 6037048 - Fax:
Mail - Website: http://www.fecyt.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante