Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Promover a igualdade de xénero en investigación e innovación (H2020-GERI-2015-1).

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta convocatoria enmárcase na área ”ciencia con e para a sociedade”. Así, a Unión Europea busca eliminar as desigualdades e promover a igualdade entre homes e mulleres en todas as actividades, incluíndo a investigación e a innovación. Promover a igualdade de xénero é unha das prioridades claves para reforzar a área europea de investigación para a excelencia e o crecemento. Así, os Estados Membros son invitados a remover as barreiras á contratación, retención e progresión profesional das investigadoras, abordando o balance de xénero na toma de decisións e fortalecer a dimensión de xénero nos programas de investigación.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Animar ás xovenes a estudar ciencias e, ás que xa a estudan, a seguir unha carreira investigadora.


  • Analizar o impacto da diversidade de xénero nos equipos de investigación nos seus resultados.


  • Desenvolver un marco común para avaliar as iniciativas nacionais e promover a igualdade de xénero en políticas e organizacións de investigación.


  • Apoiar ás organizacións de investigación a implementar plans de igualdade de xénero.

Eidos de actuación

Esta convocatoria apoia actividades destinadas a incrementar a sensibilización (talleres, seminarios, actividades prácticas...) dirixidas por expertos en temas de xénero. As actividades deben modelos de rol e unir diversos actores como escolas, museos de ciencias, centros de investigación, etc. aumentando a súa interacción. As actividades enmarcásense baixo a campaña ”é unha cousa de mozas”.

Destinatarios

Estas actividades teñen como destinatarios a investigadores e innovadores, organizacións de investigación, establecementos de educación primaria, secundaria e superior, museos de ciencias, cidadáns e as súas asociacións ou grupos, prensa e decisores nacionais, rexionais, ou locais.

Socios

Para esta convocatoria o consorcio debe estar composto por polo menos unha entidade legal establecida nun Estado Membro ou País Asociado.

Financiamento

Se ben non hai unha cantidade máxima nin mínima, a partida por proxecto recomendada pola Comisión é de entre 600.000 e 900.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

9 millóns de euros.

Data de publicación

22/04/2015

Data límite de solicitude

16/09/2015

Documentación

Contacto

María del Mar Mesas Ruiz - Spain
Inclusive, innovative and reflective societies - Science with and for Society -
Oficina Europea MINECO / FECYT
Calle Ablacete, 5, 7a Oeste, 28027, Madrid, Spain
Tel: +34 91 6037048 - Fax:
Mail - Website: http://www.fecyt.es

Procuras de Socios

Apoio ás organizacións de investigación para implementar os plans de igualdade de xénero. (GERI-4-2015)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante