Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Difusión pública paneuropea: exhibicións e cafés científicos que involucren ós cidadáns na ciencia. (H2020-ISSI-2015-1)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta convocatoria enmárcase na área ”Integrando a sociedade na Ciencia e Innovación” que promove unha maior integración coa ciencia, a tecnoloxía, a investigación e innovación, as políticas e as actividades cos intereses e valores dos cidadáns. Isto incrementará a calidade, relevancia, aceptación social e a sostibilidade dos resultados da investigación e a innovación.


Unha investigación e innovación responsable son parte do esforzo da Área Europea de Investigación e cumprir co compromiso dunha Unión Innovadora.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Promover o interese dos cidadáns e as súas capacidades científicas, permitindo que participen de xeito activo en varias actividades científicas (exhibicións, movementos ”Faino ti mesmo”, mecanismos on-line para o asesoramento político baseado no coñecemento).


  • Aumentar a difusión de información e boas prácticas a través dunha Plataforma para compartir coñecemento (KSP), incluíndo networking, monitorización e avaliación de iniciativas relevantes.


  • Apoiar cambios estruturais en institucións de investigación e educación superior para promover unha investigación responsable e innovadora.

Eidos de actuación

Este tema organizará exhibicións e eventos de participación en toda Europa para involucrar os cidadáns na ciencia, partindo da experiencia e capacidade dos museos, institucións de educación superior, centros científicos de excelencia e centros de innovación. Tamén a través de comunidades de base como os ”Faino ti mesmo”, dedicados á reutilización creativa; escolas secundarias, centros de educación superior, Organizacións non Gubernamentais (ONGs) e organizacións da sociedade civil, autoridades públicas locais e outras partes interesadas.


As exhibicións e eventos participativos deben ser interactivos e adaptados ás condicións locais ou rexionais, así como impartidas no idioma local. Ademais, deben proporcionar material de difusión e facer uso do material multimedia e outras tecnoloxías relevantes. Paralelamente ás exhibicións, as propostas deben establecer sesións regulares de ”cafés científicos”, isto é, reunións informais nas que os avances científicos e tecnolóxicos se discutan, involucrando os cidadáns e expertos.

Destinatarios

A convocatoria está aberta a unha ampla gama de actores, o consorcio debe promover a participación activa dos seguintes tipos de actores: organizacións realizan ou financian, investigación/ industrias/negocios/PEME, decisores e autoridades públicas e Organización da Sociedade Civil.

Socios

Para esta convocatoria o consorcio debe estar composto por polo menos unha entidade legal establecida nun Estado Membro ou País Asociado.

Financiamento

Se ben non hai unha cantidade máxima nin mínima, a partida por proxecto recomendada pola Comisión é de entre 3 e 3,5 millóns.

Orzamento total da convocatoria

22 millóns de euros

Data de publicación

22/04/2015

Data límite de solicitude

16/09/2015

Contacto

María del Mar Mesas Ruiz - Spain
Inclusive, innovative and reflective societies - Science with and for Society -
Oficina Europea MINECO / FECYT
Calle Ablacete, 5, 7a Oeste, 28027, Madrid, Spain
Tel: +34 91 6037048 - Fax:
Mail - Website: http://www.fecyt.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante