Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Facer a educación e as carreiras científicas mais atractivas para os xóvenes (H2020-SEAC-2015-1)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

As sociedades do coñecemento necesitan facer que a educación e as carreiras científicas sexan atractivas para os seus mozos co fin de facilitar que cidadáns educados participen ao longo da súa vida no seu desenvolvemento e que, á vez, poidan optar por carreiras neste ámbito.


A acción enmárcase nunha das seccións de Horizonte 2020, concretamente no de Ciencia con e para a Sociedade.

Eidos de actuación

Para alcanzar este obxectivo, a convocatoria busca:


  • Promover unha cidadanía científica promovendo pedagoxías innovadoras na educación científica, atraendo a máis xóvenes, especialmente mulleres, e abordar os retos que enfrontan os mozos á hora de seguir carreiras en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e innovación.


  • Desenvolver a Investigación e innovación responsable no curriculum da educación superior.


  • Facilitar o acceso a carreiras científicas incrementando o nivel de servizos da rede Euraxess.

Socios

Cando a acción inclúa traballo científico ou técnico implementarse coma unha acción de investigación e innovación (Research and Innovation action). Para estes casos os socios deben ser:


  • Un mínimo de tres entidades legais, cada unha establecida nun Estado Membro ou País Asociado diferente e independentes as unhas das outras.


Cando non se inclúa traballo científico ou técnico, os requisitos son:


  • Unha entidade legal establecida nun Estado Membro ou País Asociado.

Financiamento

A partida financiada pola UE sitúase entre 1 y 1,8 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

8.900.000 millones de euros.

Data de publicación

22/04/2015

Data límite de solicitude

16/09/2015

Documentación

Contacto

María del Mar Mesas Ruiz - Spain
Inclusive, innovative and reflective societies - Science with and for Society -
Oficina Europea MINECO / FECYT
Calle Albacete, 5, 7a Oeste, 28027, Madrid, Spain
Tel: +34 91 6037048 - Fax:
Mail - Website: http://www.fecyt.es

Rocío Castrillo - Spain
Inclusive, innovative and reflective societies - Science with and for Society -
Oficina Europea MINECO / FECYT
Calle Albacete, 5, 7a Oeste, 28027, Madrid, Spain
Tel: +34 91 6037369 - Fax: +34 91 571 21 72
Mail - Website: http://www.fecyt.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante