Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas e actividades relacionadas en virtude do plan de traballo de 2015 da Empresa Común Pilas de Combustible e Hidróxeno 2

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A Empresa Común Pilas de Combustible e Hidróxeno (FCH JU) é un partenariado público-privado que apoia accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostracións, para situar a Europa na vangarda mundial das tecnoloxías das pilas de combustible e o hidróxeno e de permitir o avance comercial de ditas tecnoloxías a través de distintas accións e convocatorias.

Obxectivo específico da convocatoria

A redución do custo de produción dos sistemas de pilas de combustible para uso en aplicacións de transporte, e á vez aumentar a súa vida útil a niveis competitivos coas tecnoloxías convencionais dispoñibles.

Eidos de actuación

Aumento da eficiencia eléctrica e a durabilidad das diferentes pilas de combustible utilizadas para producir enerxía, e reducir á vez os custos ata niveis competitivos;

Aumento da eficiencia enerxética da produción de hidróxeno a partir da electrolisis da auga reducindo ao mesmo tempo os custos de capital;

Demostración a gran escala da viabilidade do uso do hidróxeno para apoiar a integración das fontes de enerxía renovables nos sistemas enerxéticos, en particular mediante o seu uso como medio de almacenamento enerxético competitivo para a electricidade producida a partir de fontes de enerxía renovables.

Destinatarios

A convocatoria está dirixida a calquera entidade legalmente constituída e establecida nalgún dos estados membros da UE ou asociados ao programa HORIZON 2020

Orzamento total da convocatoria

€123,000,000

Data límite de solicitude

27/08/2015

Documentación

Contacto

FCH JU Programme Office

COVE2 14/012
Rue de la Loi, 200
B-1049 - Bruxelas
Tel.: 32 2 221 81 29
Fax: 32 2 221 8126
FCH-JU@fch.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante