Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premio HORIZON - Mellor uso dos antibióticos.

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos do premio son:

- Reducir o uso innecesario de antibióticos no caso de infeccións virales das vías respiratorias.

- Reducir os custos e efectos secundarios ligados ao uso de antibióticos.

- Atrasar a aparición de organismos resistentes aos antibióticos.

- Facultar aos centros de asistencia sanitaria a rápida toma de decisións no tratamento de infeccións respiratorias así como facilitar a decisión de non prescribir antibióticos e facilitar que os pacientes acepten non usalos

- Facer fronte ás cuestións máis significativas no tratamento das infeccións respiratorias, tales como o envellecemento da poboación, a resistencia aos antibióticos e os crecentes custos dos tratamentos.

Eidos de actuación

Desenvolvo de tests rápidos nos centros de atención que reduzan o uso de antibióticos de maneira segura para os pacientes con enfermidades nas vías respiratorias (inclúense faringitis, sinusitis, otitis e bronquites)

Criterios de adxudicación

- Potencial para reducir o uso de antibióticos e a magnitude da devandita redución.

- Precisión e seguridade.

- Non invasiva.

- Custo.

- Rapidez.

- Facilidade de uso.

Destinatarios

A convocatoria está dirixida a calquera entidade legalmente constituída e establecida nalgún dos estados membros da UE ou asociados ao programa HORIZON 2020

Orzamento total da convocatoria

Premio: 1.000.000 €

Data de publicación

10/03/2015

Data límite de solicitude

17/08/2015

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante