Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

H2020-ECSEL-2015-1-RIA-two-stage

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

As Accións de Investigación e Innovación ECSEL (RIA) consisten principalmente en actividades dedicadas a xerar coñecemento e/ou a explorar a viabilidade dunha nova ou mellorada tecnoloxía, produto, proceso, servizo, método, ferramenta ou solución. Con tal fin, poden incluír investigación aplicada, desenvolvemento tecnolóxico e/ou métodos de integración, testeo ou validación de prototipos a pequena escala en laboratorios ou ambientes simulados.

Obxectivo específico da convocatoria

Unha proposta RIA caracterízase por:



• A execución por parte dun consorcio do que poden formar parte universidades, institutos PYMEs e grandes compañías.



• Desenvolver tecnoloxía innovadora e/ou usala de forma original.



• Ter o obxectivo de demostrar unha aproximación innovadora dun produto, servizo ou capacidade, abordando claramente as aplicacións relevantes para producir cambios na sociedad.



• Demostrar valor e potencial nun ámbito de laboratorio que reproduza o obxectivo da aplicación.



• Ter un plan de despregamento que mostre o valor para o ecosistema ECSEL e a súa contribución aos obxectivos e metas ECSEL.



Para maximizar a implementación dos obxectivos ECSEL, as propostas RIA obxecto de financiamento público deberán constituír unha carteira de proxectos que desenvolva tecnoloxía innovadora e a apliquen en diferentes campos.

Eidos de actuación

Aplicacións claves:

• Mobilidade intelixente:
• Sociedade intelixente
• Enerxía intelixente
• Saúde intelixente
• Produción intelixente

Tecnoloxías esenciais:

• Tecnoloxías de procesos
• Deseño de tecnoloxías
• Sistemas ciber-físico
• Sistemas integradores intelixentes

Destinatarios

Industria, PYMEs e universidades ou centros de investigación.

Socios

Polo menos 3 entidades legais de diferentes países membros ou países asociados.

Orzamento total da convocatoria

50 millóns de euros por parte da UE

Data de publicación

17/03/2015

Data límite de solicitude

12/05/2015

Documentación

Contacto

calls@ecsel.europa.eu

Comentarios

A convocatoria está composta por dúas grandes áreas e diversos campos de actuación, co cal as convocatorias poden encadrarse nestes apartados máis específicos. A maiores, convén ter en conta que os proxectos presentados contan con dúas fases.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante