Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Marie Skłodowska-Curie Actions

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Desenvolver novos coñecementos e incrementar as habilidades dos individuos que se encargan da investigación e innovación. Sendo este campo uno dos alicerces fundamentals da estratexia do primeiros tres anos de Horizonte 2020.

Obxectivo específico da convocatoria

Asegurar, a través da mobilidade transfronteiriza e sectorial de investigadores, adestramento en investigación innovadora e de excelencia á vez que oportunidades de intercambio tanto de coñecementos como de oficio. Preparando así aos investigadores para os retos sociais actuais e futuros.



As Accións concretas coas que se pretenden desenvolver estes obxectivos son as seguintes:



Individual Fellowship (IF)
Research and Innovation Staff Exchange (RISE)
Co-funding of rexional, national and international programmes (COFUND)



Ás que se suman outras accións de alcance máis xeral sen prazo de solicitude.


Eidos de actuación

As Accións Marie Sklodowska-Curie están abertas a todos os campos de innovación e investigación referidos no Tratado de Funcionamento da UE, de investigación básica a axudas para saídas a mercado e servizos innovadores.
Os campos de investigación e innovación son escollidos libremente polos solicitantes dunha maneira completamente independente (axustándose ao xa referido).


Destinatarios

A convocatoria está aberta a investigadores e persoal innovador en calquera etapa da súa Carreira profesional, tamén a universidades, institucións e infraestruturas de investigación, empresas, e outros actores socioeconómicos de todos os países, incluíndo “terceiros países” baixo as condicións definidas nas regras de participación de Horizonte 2020.
Búscase fomentar a participación da industria, principalmente PEMES, para un impacto maior e máis exitoso das accións.


Financiamento

O financiamento varía dependendo da acción concreta, tanto en contía como en duración.



Individual Fellowship (IF)



Custo unitario por membro do persoal de 5750 euros ao mes, dividido en custos de 4650 euros por gastos de manutención, 600 euros por gastos de mobilidade e 500 por manutención familiar.
Máis custo unitario por entidade de 1450 euros ao mes, dividido en 800 euros para investigación, formación e custos de rede, e 650 en xestión e custos indirectos.



Research and Innovation Staff Exchange (RISE).



Custo unitario por membro do persoal de 2.000 euros ao mes, máis un custo unitario por entidade de 2.500 euros ao mes en comisión. Este custo divídese en investigación, formación e custos de rede de 1.800 euros ao mes; e en xestión e custos indirectos de 700 euros ao mes.



Co-funding of rexional, national and international programmes (COFUND)



Custo unitario por membro do persoal de 3710 euros en caso de ser un investigador principiante e 5250 euros en caso de ser un investigador con experiencia. Máis custo unitario por entidade de 650 euros ao mes


Orzamento total da convocatoria

756.90 EUR million, para 2015

Duración do proxecto

IF para Europeos: 12-24 meses.



IF para persoas non Europeas: 12-24 meses para a fase de saída, máis 12 meses na fase de regreso desde Europa.



RISE: 1-12 meses, podendo ser divisibles en varias estancias que non superen os 12 meses e sen que excedan a duración do proxecto estimado.



COFUND: mínimo 3 meses. Os investigadores en programa COFUND non poden ser contratados menos deste tempo.


Data límite de solicitude

01/10/2015

Documentación

Contacto

• Jesús RojoMarie Skłodowska-Curie actions on skills , training and career development
Organización: Fundación Madri+d
Endereito: Velázquez, 76, 28001, Madrid, Españajesus.rojo@madrimasd.orgtel: +34 91 781 65 72 - Fax: +34 91 576 60 52



• Cristina Gómez CorcheteMarie Skłodowska-Curie actions on skills , training and career development
Organización: Oficina Europea MINECO / FECYTEnderezo: Rúa Albacete, 5, 7a Oeste, 28027, Madrid, Españacristina.gomez@oficinaeuropea.estel: +34 91 603 79 56 - Fax: +34 91 571 21 72


Comentarios

Individual Fellowship (IF) 10 de Setembro 2015 ás 17:00 (Hora de Bruxelas)



Research and Innovation Staff Exchange (RISE) 28 de Abril de 2015, 17:00 (hora de Bruxelas )



Co-funding of rexional, national and international programmes (COFUND) 1 de Outubro de 2015, 17:00 (hora de Bruxelas )



Para máis información consultar a documentación achegada no apartado seguinte.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante