Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio á creación de clúster para o desenvolvemento de novas redes industriais

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Desenvolvemento de novas redes industriais intersectoriales na UE construídas sobre o potencial de innovación das PEME

Obxectivo específico da convocatoria

Prestar axuda ás PEME para a xeración, captación e mellor aproveitamento de todas as formas de coñecemento, creatividade, e innovación. O potencial dos clúster, que representan ecosistemas favorables para a innovación, debe ser correctamente aproveitado.

Eidos de actuación

Subvencionaranse proxectos cunha visión estratéxica para a construción de novas cadeas de valor industrial na UE. Os clústeres ou outros intermediarios das PEMES deberán establecer actividades de colaboración e traballo en rede para a creación dun ”espazo aberto” que facilite a colaboración intersectorial, a creación de cadeas de valor e innovación. Cada proposta debe demostrar a capacidade para:
1) validar ideas de proxectos innovadores impulsados por PEMES de diferentes países e sectores, así como facilitar a coordinación a través da creación de novas cadeas de valor.
2) apoiar a innovación e o emprendimiento a través diferentes medidas de apoio dirixidas directamente aos proxectos validados para o seu desenvolvemento ( como titorías, innovación, asistencia técnica, etc.) . Polo menos o 75% do orzamento total destinarase a apoiar a innovación directa nas PEMES

Destinatarios

Pequenas e Medianas Empresas

Financiamento

2.500.000€ - 5.000.000€

Orzamento total da convocatoria

24.900.000€

Data de publicación

11/12/2013

Data límite de solicitude

30/04/2015

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante