Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fast Track to Innovation: Nova ferramenta de financiamento empresarial no sector da innovación (H2020FTIPILOT-2015)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Fast Track to Innovation(FTI) é unha ferramenta de financiamento que a Comisión Europea pon en marcha por primeira vez e que está destinada a proxectos que apliquen solucións concretas aos desafíos dun mercado global. Teñen que ser medidas que logren un impacto a curto prazo

Obxectivo específico da convocatoria

FTI trata de acelerar o proceso de comercialización de produtos e servizos innovadores proporcionando oportunidades de financiamento en toda Europa.

Eidos de actuación

As propostas han de proporcionar unha metodoloxía innovadora e resolutiva. Os proxectos tampouco han de estar asociados a unha temática concreta, senón dirixidos á resolución de problemas. Han de propoñer unha solución multidisciplinaria que xere un impacto no mercado nun prazo inferior a tres anos.

Destinatarios

O obxectivo é que universidades e centros de investigación aumenten a súa participación no sector privado. O consorcio constará de 3 a 5 socios de polo menos 3 países diferentes. Pódense presentar á convocatoria todo tipo de participantes que traballasen anteriormente co proxecto e estean nun estado avanzado de investigación. É dicir, que estean preto da fase de comercialización para sacar un piloto pre-comercial.

Data de publicación

11/02/2015

Data límite de solicitude

29/04/2015

Contacto

https://ec.europa.eu/research/participants/portal4/desktop/en/opportunities/h2020/topics/9096-ftipilot-1-2015.html#tab2

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante