Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Facilitación de proxectos de clusters para novas cadeas industrialles

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Desenvolver novas cadeas de valor transversais, na área industrial, dentro da UE, aproveitando o potencial de innovación das PEME. A reindustrialización da base industrial da UE ten que centrarse no desenvolvemento de longo prazo de bens e servizos competitivos a nivel internacional que requiren a combinación de diferentes competencias e solucións innovadoras.

Obxectivo específico da convocatoria

1) Validar ideas de proxectos de innovación estruturadas impulsadas por pemes de diferentes sectores e países, en colaboración con outros actores da innovación e facilitar a coordinación cara a novas cadeas de valor industrial.

2 ) Actividades de apoio á innovación e/ou canalización da mesma con medidas de apoio empresarial e innovación (como mentoring, coaching, innovación e vales de asistencia técnica, etc.) dirixidas directamente aos actores dos proxectos de innovación validados para seguir apoiando o seu desenvolvemento, a integración e demostración a gran escala de maneira estratéxica.

Destinatarios

Grandes empresas e PEMES con proxectos de innovación.

Socios

Polo menos o 75% do orzamento total proposto asignarase ás PEME, xa sexa participando no consorcio ou como terceiros, aos que se lles pode transmitir un máximo de 60.000 euros, que só poderán excederse nas que é necesario para alcanzar os obxectivos da acción en consonancia coas Regras de Horizonte 2020 de participación e difusión.

Orzamento total da convocatoria

24.900.000 €

Data de publicación

13/02/2015

Data límite de solicitude

30/04/2015

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Research and Innovation

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante