Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria Mobilidade para o Crecemento 2014 – 2015

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O obxectivo é alcanzar un sistema de transporte europeo que sexa eficiente no uso de recursos, ecolóxico, seguro e sólido para o beneficio dos cidadáns, a economía e a sociedade.

Obxectivo específico da convocatoria


Eidos de actuación

Na presente convocatoria distinguimos os seguintes temas:

1. MG-1.2-2015: Maior eficiencia dos recursos na aviación.
2. MG-3.6a-2015: Automatización segura e conectada no transporte por estrada.
3. MG-4.3-2015: Deseño de modelos e optimización dos custes de mantemento no transporte por vías navegables.
4. MG-5.4-2015: Reforzar o coñecemento e capacidades das autoridades locais.
5. MG-5.5a-2015: Solucións innovadoras demostradas para un maior e máis limpo transporte urbano e mobilidade.
6. MG-6.3-2015: Plataformas de navegación e comunicación loxística paneuropeas.
7. MG-8.4a-2015: Gobernanza intelixente, adaptación de redes e prestación racional de estruturas innovadoras.

Destinatarios

Poderán ser elixibles as entidades establecidas legalmente nos Estados membros da UE, nos seus territorios de ultramar ou en países asociados a Horizonte 2020.

Socios

Polo menos tres entidades xurídicas establecidas en tres Estados membros ou países asociados diferentes. As tres entidades xurídicas deberán ser independentes entre si.

Financiamento

A contribución da UE é do 100% dos custos totais elixibles do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

144 500 000 EUR

Data de publicación

10/12/2014

Data límite de solicitude

23/04/2015

Documentación

Contacto

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

A presente convocatoria englóbase dentro do programa Horizonte 2020 - Retos sociais.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante