Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para a seguridade alimentaria sustentable, enmarcado en Horizon 2020, H2020-SFS-2014/2015

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Garantir a dispoñibilidade e o acceso a alimentos suficientes, inocuos e nutritivos para todos os cidadáns da Unión Europa, tanto agora como no futuro.

Obxectivo específico da convocatoria

A produción e a elaboración de alimentos é unha actividade económica clave para proporcionar postos de traballo, habilidades, formación, atraer investimentos, fomentar o apoio das economías rurais e urbanas e asegurar a conformación de paisaxes.

Eidos de actuación

O Programa dará prioridade a proxectos baseados nas seguintes áreas:
• A produción sustentable do gando terrestre.
• A produción agrícola sustentable.
• Estratexias para a produtividade, a estabilidade e a calidade dos cultivos.
• Os recursos xenéticos e a diversidade agrícola, en relación coa seguridade alimentaria, a produtividade e a capacidade de recuperación.
• Facer fronte aos desafíos relacionados coas enfermidades e as ameazas ás que se enfronta Europa a nivel de piscifactoría e animais acuáticos.
• Implementación dun enfoque baseado no ecosistema para a acuicultura en Europa.
• A contaminación biolóxica dos cultivos e a cadea alimentaria.
• A loita contra a malnutrición nas persoas maiores.
• As pequenas granxas nos mercados globais: o papel das granxas pequenas e familiares na seguridade alimentaria e a nutrición.
• As cadeas alimentarias sustentables a través de políticas públicas: políticas de calidade e compras de alimentos do sector público.

Destinatarios

Todas aquelas entidades constituídas legalmente que teñan a súa sede na Unión Europea.

Orzamento total da convocatoria

104.000.000€

Data de publicación

21/01/2015

Data límite de solicitude

03/02/2015

Documentación

Contacto

European Commission
Director General of Research and Innovation
B-1049 Brussels - Belgium

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante