Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Nova convocatoria HORIZON destinada á financiación de instrumentos de lideranza industrial para PEMES

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Mediante o programa de traballo HORIZON 2020 financiaranse investigacións e innovacións nos últimos avances de cada sector.

Obxectivo específico da convocatoria

O programa apoiará durante todo o ciclo da investigación e innovación; creará oportunidades para construír equipos de investigación dos Estados Membros onde haxa potencial para a investigación e innovación. Ademais, fomentarase a formación de investigadores que inclúe o intercambio entre industria e sectores de formación.

Eidos de actuación

O programa xeral para o financiamento de instrumentos para PEMES 2014 e 2015 divídese en diferentes subconvocatorias centradas en diferentes categorías ou sectores empresariais.

Destinatarios

PEMES individuais con ánimo de lucro ou consorcios establecidos en Estados Membros da Unión Europea. Outros socios como provedores de información ou grandes empresas poden participar en calidade de terceiros, en xeral, en relación de subcontratación.

Orzamento total da convocatoria

260.000.000 €

Data de publicación

20/01/2015

Data límite de solicitude

18/03/2015

Documentación

Comentarios

Consultar a área onde se pretende participar para obter as actividades a desenvolver e os datos de contacto específicos.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante