Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI 2) - ”Convocatoria 3”

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI 2) publicou unha convocatoria de propostas para proxectos de investigación farmacéutica precompetitiva.

IMI é unha asociación pública-privada, composta pola Comisión Europea e a Federación Europea de Industrias Farmacéuticas (EFPIA nas súas siglas en inglés). IMI convida aos consorcios de investigación a presentar propostas de proxectos nos temas científicos que figuran máis abaixo. Cada un dos temas de investigación de IMI está asociado a un grupo de empresas farmacéuticas que son membros da EFPIA.

Eidos de actuación

• Tema 1: Avaliación preliminar da enfermidade e a recaída - CNS.
• Tema 2: Cara a un enfoque biolóxico cuantitativo para neuropsiquiatría.
• Tema 3: Avaliación de risco e a progresión da prediabete e a diabete tipo 2 para posibilitar a modificación da enfermidade.
• Tema 4: Enfoque de consistencia sobre o control de calidade na fabricación de vacinas.
• Tema 5: Investigación da vacina Pertussis
• Tema 6: “Knowledge repository” que permita o desenvolvemento de medicamentos centrado no paciente.

Destinatarios

Poden participar as pemes, organismos de educación secundaria e superior, organismos sen ánimo de lucro, o Centro Común de Investigación (JRC) e organismos internacionais de interese europeo.

Socios

Os consorcios deben estar compostos polo menos por tres entidades independentes entre si, cada unha establecida nun diferente Estado Membro ou país asociado.

Orzamento total da convocatoria

Orzamento indicativo por parte de IMI2: 56.430.000 euros.

Orzamento indicativo por parte da EFPIA e Socios Asociados: 56.430.000 euros.

Duración do proxecto

Temas 1, 4 e 5: cinco anos; tema 2: catro anos; temas 3 e 6: tres anos.

Data de publicación

17/12/2014

Data límite de solicitude

24/03/2015

Documentación

Contacto

IMI Programme Office:

• E-mail: Infodesk@imi.europa.eu.

• Tel.: +32 2 221 8181

Comentarios

A presentación de propostas segue un procedemento en dúas fases. A primeira fase consiste nunha presentación preliminar de propostas. As propostas preliminares seleccionadas serán convidadas a presentar as propostas completas.

A presentación farase exclusivamente de forma telemática mediante a ferramenta electrónica do IMI, que recibe o nome de SOFIA.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante