Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

IMI2: Ébola e outras febres hemorráxicas causados por filovirus

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A Iniciativa sobre Medicamentos Innovadores (IMI) é a maior iniciativa público-privada de Europa co obxectivo de acelerar o desenvolvemento de medicamentos mellores e máis seguros para os pacientes. Apoia proxectos de investigación en colaboración e constrúe redes de expertos industriais e académicos co fin de impulsar a innovación farmacéutica en Europa. A IMI é unha iniciativa conxunta entre a UE y a asociación farmacéutica industrial EFPIA.

A UE está financiando a investigación para abordar o ébola baixo o Sétimo Programa Marco (7PM) de Investigación e Desenvolvemento. Debido á situación de emerxencia causada polo actual brote, convócase a presente convocatoria enmarcada no programa Horizonte 2020.

Eidos de actuación

• Tema 1: Vacina fase de desenvolvemento I, II, y III.

• Tema 2: Capacidade de fabricación.

• Tema 3: Estabilidade das vacinas durante o transporte e almacenamento.

• Tema 4: Implementación e cumprimento dos réximes de vacinación.

• Tema 5: Probas de diagnóstico rápido.

Destinatarios

Entidades legalmente establecidas en Estados Membros; países e territorios de ultramar (Overseas Countries and Territories), e países asociados a Horizonte 2020.

Socios

Requírese que os participantes cheguen á conclusión dun acordo de consorcio dentro de 6 meses dende a data de inicio de cada acción.

Financiamento

Vía rápida (fast-track), un procedemento especial debido á urxencia da situación do brote de ébola.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado a dita convocatoria por parte das empresas do EFPIA é de 140.000.000 de euros; e por parte da IMI2 JU (Innovative Medicines Initiative 2 Joint Undertaking) o orzamento total é de 140.000.000 euros.

O orzamento total fraccionado por temas é:

• Tema 1: empresas do EFPIA: entre 10 y 20 millóns de euros; IMI2 JU máximo 110 millóns de euros.
• Tema 2: empresas do EFPIA: entre 70 y 110 millóns de euros; IMI2 JU máximo 20 millóns de euros.
• Tema 3: empresas do EFPIA: 2 millóns de euros; IMI2 JU máximo 2 millóns de euros.
• Tema 4: empresas do EFPIA: 25 millóns de euros; IMI2 JU máximo 25 millóns de euros.
• Tema 5: empresas do EFPIA: 7´5 millóns de euros; IMI2 JU máximo 7´5 millóns de euros.

Data de publicación

06/11/2014

Data límite de solicitude

01/12/2014

Documentación

Contacto

Puntos de contacto nacional:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

As propostas deben presentarse a través da ferramenta de presentación electrónica SOFIA:

https://sofia.imi.europa.eu/Pages/Login.aspx?ReturnUrl=%2fPages%2fDefault.aspx

SOFIA estará aberta para a presentación de propostas o 22 de novembro de 2014.

Se ten algunha pregunta sobre os temas ou regras e procedementos, póñase en contacto coa Oficina do Programa IMI.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante