Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de investigación sobre enerxías renovables, recursos hídricos e as súas conexións para a rexión mediterránea

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

ERANETMED é unha rede do espazo europeo de investigación (era-net) creada para coordinar os programas de investigación de diferentes Estados Membros da UE, países asociados e países socios mediterráneos. O seu obxectivo é reforzar a colaboración e as capacidades comúns dos programas destes países para abordar algúns dos principais retos aos que fai fronte o Mediterráneo, e fortalecer a cooperación euromediterránea en materia de investigación. España participa a través do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO).

Eidos de actuación

Aínda que a convocatoria abriu varios temas, o MINECO participa no seguinte tema:

• Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética (identificador de chamada: JC-ENERGY-2014):

o Integración do sistema híbrido de enerxía renovable.
o Micro-redes intelixentes.
o Enerxías renovables e eficiencia enerxética para comunidades intelixentes y rurais.

As actividades do proxecto poden ser de catro tipos: Investigación colaboradora, innovación, creación de capacidades e mobilidade. Como condición básica, todos os proxectos deben ser de investigación colaboradora.

Destinatarios

O MINECO só financiará universidades e centros públicos de investigación, así como organismos de investigación privados sen ánimo de lucro e centros tecnolóxicos.

Aínda que las empresas non poden obter financiamento desta convocatoria, o MINECO alenta ao sector privado a participar cos seus propios fondos ou con fondos procedentes doutras convocatorias nacionais ou rexionais.

Participan as axencias financiadoras de quince países e unha organización internacional: Alemaña, Alxeria, Exipto, España, Francia, Grecia, Italia, Xordania, Líbano, Malta, Marrocos, Portugal, Tunisia, Turquía e Chipre.

Socios

O MINECO establece que as propostas deben ser presentadas por un consorcio composto como mínimo por catro socios pertencentes a catro países diferentes da rede ERANETMED, con un mínimo de dous países de cada rexión. O consorcio non pode superar o número de dous socios por país.

Financiamento

O MINECO pode financiar ata o 100% dos custes marxinais do proxecto, nas categorías de gastos de persoal para contratos temporais (excluídas as becas), e custes directos; e ata o 50% dos custes totais para as institucións que poidan adoptar o esquema de custes totais, e de acordo coas normas nacionais. Os custes indirectos (overheads) non son elixibles.

O financiamento máximo do MINECO é de 100.000 euros por socio (140.000 euros se o socio español é o coordinador do proxecto). Se participan dous socios españois na mesma proposta, o financiamento máximo da parte española non debería superar os 150.000 euros por proxecto. Se un deles é o coordinador, esta cantidade pode ser maior dependendo dos obxectivos

Orzamento total da convocatoria

O orzamento previsto para a presente convocatoria será de 13.420.000 euros, en total. O orzamento total do MINECO destinado a esta convocatoria é de 500.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos poden ter unha duración de entre 24 e 36 meses.

Data de publicación

01/11/2014

Data límite de solicitude

02/02/2015

Documentación

Contacto

Puntos de contacto nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

O procedemento para a presentación en liña da proposta completa é dunha soa fase. Unha vez superado o proceso de selección transnacional, o MINECO invitará formalmente aos organismos públicos españois a presentarse á convocatoria de 2015 de Accións de Programación Conxunta Internacional do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante