Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria conxunta OCEANERA-NET 2014

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O obxectivo da iniciativa OCEANERA-NET é a de favorecer a coordinación entre programas de financiamento nacionais e rexionais no eido da investigación no sector da enerxía mariña.

A UE non proporciona apoio financeiro propio ás actividades de investigación do plan ERA-NET. Son as organizacións dos Estados Membros as encargadas de financiar proxectos nacionais e rexionais. En España o socio financiador é o CDTI, para España/Asturias é o IDEPA, e para España/País Vasco é o EVE e o EVE(SPRI).

Eidos de actuación

A presente convocatoria está dirixida aos seguintes temas:

• Tema 1: Desenvolver enfoques/métodos/ferramentas estandarizados para a caracterización do lugar e proxectos sobre enerxía oceánica, así como para a planificación.

• Tema 2: Modelización e deseño de compoñentes, sistemas, subsistemas e dispositivos para as tecnoloxías de enerxía oceánica, tendo en conta a fabricación, instalación, operación, requisitos de mantemento e medio ambiente.

• Tema 3: Desenvolvemento e proba de compoñentes críticos para a entrega e xeración fiable, sostible e de alto rendemento de enerxía oceánica.

• Tema 4: Demostración e validación dos desenvolvementos tecnolóxicos nun entorno real de mar (as actividades poden ser elixibles polo CDTI sempre e cando formen parte dun proxecto de I+D).

• Tema 5: Deseño e desenvolvemento de ferramentas e solucións para o avance tecnolóxico e a optimización de compoñentes e dispositivos.

Destinatarios

O CDTI e IDEPA financiarán pemes e grandes empresas. As universidades, centros de investigación, e centros de proba poderán participar só sendo subcontratadas por unha empresa.

O EVE financiará universidades; centros de investigación; pemes e grandes empresas e centros de proba.

O EVE(SPRI) financiará pemes e grandes empresas, e centros de proba.

Socios

Os consorcios deberán estar formados por polo menos dúas organizacións elixibles independentes de polo menos dous países participantes na ERA-Net.

Financiamento

Ata o 70% do custe total.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global europeo da convocatoria é de 7.000.000 de euros.

Os orzamentos das organizacións financiadoras en España son:

• CDTI: 500.000 euros.

• IDEPA: 200.000 euros.

• EVE: 1.000.000 de euros.

• EVE(SPRI): 500.000 euros.

Duración do proxecto

36 meses.

Data de publicación

02/10/2014

Data límite de solicitude

18/12/2014

Documentación

Contacto

• España CDTI:

o Alberto Bermejo:
+ (34) 91 581 07 07
alberto.bermejo@cdti.es
dptoetfsd@cdti.es

o Carlos Sánchez Lafuente:
+ (34) 91 581 55 05
carlos.sanchez@cdti.es

• España/Asturias IDEPA.

o Marco Fernández e Ana Elena Fernández:
+34 985 98 00 20
marcoafv@idepa.es
anae@idepa.es

• España/País Vasco EVE:

o Natalia Díaz de Arcaya:
0034 94 403 56 00
ndiazarcaya@eve.es

• España/País Vasco EVE(SPRI):

o Cristina Oyón:
0034 94 403 70 00
cristina@spri.es

Comentarios

Haberá un proceso de presentación de propostas en dúas etapas.

Un modelo da pre-proposta está dispoñible na guía ”Directrices para os solicitantes”:

http://www.oceaneranet.eu/CallDocs/ApplicantGuidance.pdf

Debe ser completado polo coordinador do proxecto e presentado antes do 18 de decembro en:

http://www.oceaneranet.eu/RegistrationManagement/RegisterApplication.aspx

Despois de recibir a recomendación para a presentación da proposta completa, o coordinador do proxecto, completará a solicitude y a presentará antes do 1 de abril de 2015.

As preguntas específicas en relación con criterios nacionais/rexionais están dispoñibles na guía ”Directrices para os solicitantes” (anexo II). Así mesmo recoméndase dirixirse aos puntos de contacto nacionais.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante