Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

H2020-LEIT-Space- Competitividade do sector espacial europeo – 2015:
H2020-COMPET-2015

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A competitividade, a non dependencia e a innovación do sector espacial europeo (incluídas as pemes) debe garantirse mediante o fomento do desenvolvemento das tecnoloxías espaciais. O obxectivo xeral é contribuír a nivel europeo, conxuntamente os Estados Membros e a ESA (Axencia Espacial Europea), a salvagardar e desenvolver unha economía competitiva, unha industria espacial empresarial e fortalecer a non dependencia europea nos sistemas espaciais.

Seguindo o programa de traballo 2014, a convocatoria 2015 mantén o apoio en certas áreas clave (tecnoloxías críticas, acceso ao espazo, baixo TRL) ao mesmo tempo que se amplía o seu alcance a outras áreas da ciencia espacial, a exploración e novos eidos da cooperación internacional.

Eidos de actuación

Na presente convocatoria distínguense seis asuntos (topics) distintos:

1. COMPET-01-2015: Tecnoloxía para a non dependencia e a competitividade europea.

2. COMPET-02-2015: Acceso independente ao espazo.

3. COMPET-03-2015: Tecnoloxías espaciais “bottom-up” baixo TRL.

4. COMPET-04-2015: Exploración o espazo. Xestión do hábitat.

5. COMPET-05-2015: Exploración científica da astrofísica, cometas e datos planetarios.

6. COMPET-06-2015: Cooperación internacional en ciencia espacial.

Destinatarios

Entidades legalmente establecidas en Estados Membros; países e territorios de ultramar (Overseas Countries and Territories), e países asociados ao Horizonte 2020.

Socios

Para COMPET-01-2015, COMPET-02-2015, COMPET-03-2015, COMPET-04-2015 y COMPET-05-2015: Mínimo 3 entidades legalmente establecidas. Cada unha desas tres entidades debe estar establecida nun Estado Membro ou país asociado diferente. Cada unha delas debe ser independente das demais.

Para COMPET-06-2015 mínimo unha entidade legalmente establecida nun Estado Membro ou nun país asociado a Horizonte 2020.

Financiamento

Consideraranse as propostas que soliciten:

1. COMPET-01-2015: Entre 2 y 4 millóns de euros.

2. COMPET-02-2015: Entre 2 y 4 millóns de euros.

3. COMPET-03-2015: 1 millón de euros.

4. COMPET-04-2015: Entre 3 y 6 millóns de euros.

5. COMPET-05-2015: 1´5 millóns de euros.

6. COMPET-06-2015: 1 millón de euros.

No obstante, isto non impide a presentación e selección de propostas que pretendan obter outras cantidades. Financiaranse o 100% do custe total dos proxectos.

Orzamento total da convocatoria

39.000.000 de euros

Data de publicación

10/10/2014

Data límite de solicitude

08/04/2015

Documentación

Contacto

Puntos de contacto nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

O prazo de solicitude estará aberto a partir do 4 de novembro de 2014.

A presente convocatoria englóbase dentro do programa Horizonte 2020 – Liderado Industrial.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante