Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de manifestacións de interese para a selección dos membros do Comité Científico da Empresa Común Shift2Rail

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A Empresa Común Shift2Rail (S2R SC) é unha nova asociación público-privada do sector ferroviario, que proporciona unha plataforma para o traballo en conxunto co fin de impulsar a innovación durante os próximos anos.

Os Estatutos da Empresa Común esixen o establecemento dun órgano consultivo, o Comité Científico, composto por ata 12 membros coa tarefa de asesorar sobre as prioridades científicas que se abordarán nos plans de traballo e nos resultados científicos descritos no informe anual de actividades.

Á luz do anterior, a Empresa Común organiza unha convocatoria de manifestacións de interese co fin de seleccionar os membros do Comité.

Eidos de actuación

Terán como obxectivo centrarse na análise científica e técnica da iniciativa Shift2Rail dende diferentes perspectivas: impacto ambiental, tecnoloxía e previsión científica, impacto na sociedade e a economía.

Destinatarios

Os membros da S2R SC constituirán unha representación equilibrada de expertos provenientes do mundo académico, a industria e os organismos reguladores.

En conxunto, os membros da S2R SC terán as competencias científicas necesarias e os coñecementos que cobren o dominio técnico necesario para facer suxestións e consellos baseados na ciencia á S2R JU.
O S2R SC compoñerase principalmente de científicos e enxeñeiros de alto nivel.

O persoal da Comisión Europea, incluído o persoal externo que traballa para a Comisión, o persoal do Centro Común de Investigación, os funcionarios dos Estados membros e das autoridades nacionais, rexionais ou locais non poderán participar nesta convocatoria.

Tampouco poderán participar aquelas persoas que sexan empregados dunha organización membro da Empresa Común S2R JU.

Data de publicación

24/10/2014

Data límite de solicitude

22/12/2014

Documentación

Contacto

As solicitudes enviaranse por correo electrónico á seguinte dirección de correo electrónico:

MOVE-SHIFT2RAIL-SCIENTIFICCOMMITTEE@ec.europa.eu

O título e a referencia exacta da convocatoria de manifestacións de interese deberán indicarse no asunto do correo electrónico.

Comentarios

A primeira reunión do Comité está prevista para marzo de 2015.

Os documentos que se necesita achegar son os seguintes:

- Un currículo en formato Europass.

- Unha carta de motivación que proporcione unha visión xeral sobre as áreas de especialización técnica e experiencia, a capacidade para realizar as tarefas, e as motivacións relacionadas co desempeño destas. A carta debe conter tamén unha declaración sobre calquera posible conflito de intereses en relación coas partes interesadas S2R JU e aquelas áreas de actividades que poidan prexudicar o desempeño das tarefas;

- Diplomas e certificados relevantes.

- Unha lista de publicacións científicas en libros e revistas especializadas e resumos dos 5 artigos máis relevantes.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante