Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Terceira convocatoria SIINN 2014

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O SIINN (“Safe Implementation of Innovative Nanoscience and Nanotechnology”) trátase dunha rede do espazo europeo de investigación (era-net), formada por axencias financiadoras de 7 países europeos e de Estados Unidos. España participa a través do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO).

A convocatoria ten o obxectivo de abordar as lagoas existentes respecto a cuestións medioambientais, de saúde e de seguridade dos nanomateriales manufacturados (MNM), e promover unha áxil transferencia desta investigación con vistas ao desenvolvemento e aplicación da nanotecnoloxía dun xeito seguro.

Eidos de actuación

A convocatoria está aberta a propostas de investigación transnacionais innovadoras centradas nos MNM en catro temas. Todos os temas son considerados igualmente importantes. Unha proposta pode cubrir máis dun dos temas. Os temas son:

• Tema 1: Avaliación da exposición.

• Tema 2: Mecanismos de toxicidade.

• Tema 3: Efectos dos MNM sobre a saúde humana.

• Tema 4: Impacto ambiental dos MNM.

Destinatarios

MINECO financiará as universidades e centros públicos de investigación, así como organismos sen ánimo de lucro que realizan actividades de I + D en España, incluíndo los centros tecnolóxicos.

Socios

MINECO financiará as propostas presentadas por un consorcio composto como mínimo de tres socios pertencentes a tres países diferentes da rede SIINN, dos que un mínimo de dous deben ser países europeos. Os países que participan na convocatoria son: Alemaña, Austria, Bélxica, España, Estados Unidos, Francia (Rexión Norte-Paso de Calais), Portugal e Romanía.

Financiamento

O financiamento máximo do MINECO é 150.000 euros por socio (200.000 euros se o socio español é o coordinador do proxecto). Se participan dous socios españois na mesma proposta, o financiamento máximo da parte española non debería superar os 250.000 euros por proxecto, 300.000 euros si un dos dous é o coordinador.

MINECO pode financiar ata o 100% dos custes marxinais do proxecto. As categorías de gastos que poden ser financiadas son: Ata o 100% de 1) gastos de persoal para contratos temporais (as becas non son elixibles), 2) custes directos. Ata o 50% dos custes totais para as institucións poden adoptar o esquema de custes totais, e de acordo con as normas nacionais. Os custes indirectos ou os gastos de ensaios clínicos non son elixibles.

Orzamento total da convocatoria

6.116.000 de euros

Duración do proxecto

36 meses.

Data de publicación

01/10/2014

Data límite de solicitude

16/01/2015

Documentación

Contacto

Puntos de contacto nacionais:

• Dr. Carles Cané
+34 935947700
Carles.Cane@imb-cnm.csic.es

• Dr. Federico Mompeán
+34 916037990
era-nano@mineco.es

Comentarios

As propostas (en inglés) deben ser cumplimentadas e presentadas na páxina web:

http://www.siinn.eu

Para máis información sobre a forma de presentar a proposta electronicamente dispoñible nas ”Directrices para os solicitantes”:

http://www.siinn.eu/bin/SIINN_Guidelines_for_Applicants_2014.pdf

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante